domingo, 13 de septiembre de 2015

BENVIDOS E BENVIDAS

Dende a Ratoeira dos Contos, queremos darvos a benvida a este novo curso que comeza. O equipo da biblioteca está a traballar para que a nosa biblioteca esté a punto. Para elo estamos reorganizando espazos, rexistrando e etiquetando libros novos e realizando un expurgo cos libros estragados para dar cabida aos novos, actualizando os carnés dos novos lectores...En fin, unha tarefa complexa na que estamos inmersos. Pero pronto teremos a biblioteca preparada.
Ánimo e adiante!!!
Bo curso a todos!!!