jueves, 30 de abril de 2015

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN P. N. DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Aproveitando a especial relación que temos co mar este ano a través do Plan Proxecta que estamos desenvolvendo dende  a biblioteca, o alumnado de 3º de Primaria visitou o Centro de Interpretación do parque Nacional das illas Atlánticas. Un lugar paradísiaco do noso entorno.
As diferentes zonas expositivas permitíronlles coñecer aos nenos a xeografía das illas: Cies, Ons, Sálvora e Cortegada dunha maneira interactiva e lúdica. Ata se disfrazaron de piratas, mariñeiros, reis dos mares...



viernes, 24 de abril de 2015

EN INFANTIL ALIMÉNTANSE BEN!

Todo comezou coa degustación dunha macedonia de froitas como punto de partida.
 Despois realizaron actividades como:
-Recoñecemento das froitas utilizando todos os sentidos agás a vista(5 anos A)
-Asociar cada froita co seu nome.
-A partir do conto Que tal, vexetal? traballaron as emocións e despois puxéronlle emocións ás froitas que probaron.
-Por último, un "AGALEGADOS" para repasar todo o vocabulario aprendido.









lunes, 20 de abril de 2015

O TOMATE : FROITA OU VERDURA?

O tomate non é uhan verdura ou unha hortaliza, é unha froita !
Coñecemos mil xeitos distintos de comer tomate: en salsa, crú, en guisos, en gazpacho...
Por tradición, ao ser consumido en ensaladas ou como guarnición das comidas principais e non como postre, consideramos que o tomate é unha verdura ou hortaliza e non unha froita. Pero os científicos demostraron o contrario.
A clave para clasificalo como froita atópase no seu interior: as sementes(non fai falla ser un experto en botánica para saber que a froita é a parte das plantas que conteñen as sementes, non si?)
Sorprendidos? En fin...hai unha cousa que SI está ben clara:o tomate é un dos protagonistas da cociña mediterránea e ten numerosas propiedades nutricionais.
Xa o di o grupo de música infantil "Mamá Cabra" nunha canción: "SE UNHA COUSA É IMPORTANTE; ESA COUSA É O TOMATE" ,incluída no libro-disco-DVD 'Bicos de música' da Editorial Galaxia, que temos na nosa biblioteca.


ENCONTRO CON PACO NOGUEIRAS Hoxe visitounos Paco Nogueiras, tivo unha sesión moi divertida de contos e música con 1ºA e B e por suposto tivo o detalle de saudar ós protagonistas do vídeo que o curso pasado gañou os concursos coa súa canción "En galego meu o mundo é". Disfrutamos moitísimo de poder BRINCAR xuntos. Ata a próxima! Esta foto publicouna el mesmo no seu Facebook, en canto poidamos, subiremos as que sacamos no cole!


miércoles, 15 de abril de 2015

O PEIXE DE MANOLA, O PEIXE QUE MÁIS MOLA!


O alumnado de 1ºA ,acompañados da súa mestra Laura, cantan, bailan e aprenden un montón de nomes de peixes grazas a este vídeo incluído no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ de María Fumaça(Editorial Galaxia).Realización: Cuchi Carreira

"Traio sardiña,
xurelo pequeno,
pescada do pincho,
bonito de Burela,
fanecas e rapantes,
choco de Cesantes,
raia, peixe sapo,
luras e bacallau"



A RITMO DE CUNCHAS

É un instrumento natural formado por dúas cunchas de vieira. Por habelas de variadas formas e tamaños, é importante saber escoller aquelas que nos proporcionan maior variedade tímbrica e intensidade sonora. Para isto debemos ter en conta que sexan o máis cóncavas posibles.
O tamaño, o que fai é influír na altura do son: canto máis grandes sexan as cunchas máis grave, e ao revés, canto máis pequenas, máis agudo, a gusto do intérprete.
Cóllense cos dedos polgar e índice da man esquerda na zona onde a vieira é menos redondeada, e coa parte cóncava ollando cara a man. Os demais dedos apóianse na zona redondeada.
A man dereita suxeita a outra cuncha e leva o ritmo desexado ao percutir ou rascar na outra cuncha.
É un istrumento ideal para acompañar tanto a voz como a calquera outro instrumento. Doado de tocar, cunha gran variedade tímbrica e rítmica, barato e moi adecuado para iniciarse nos ritmos básicos da nosa música cun instrumento propio da nosa cultura.

Extraído  da Guía didáctica de Instrumentos Galegos de Moisés Quintas Suárez. Editorial Ouvirmos.


Tamén podedes consultar a aquí para máis información. E xa abonda de tanta teoría... ides ver unha maxistral demostración de como se tocan as cunchas da man de Iria e Carla, dúas alumnas de terceiro curso de Primaria. E lembrade... despois de comer unhas saborosas vieiras, non tiredes as cunchas, non son desperdicios, son un típico instrumento musical da cultura galega!


jueves, 2 de abril de 2015

DíA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL






Hoxe 2 de abril celébrase o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de conmemorar outro célebre aniversario, o nacemento de Hans Christian Andersen, pai de historias infantís tan sorprendentes como "El patito feo", El soldadito de plomo", "La sirenita" e outros moitos contos que veñen acompañando a moitos nenos e nenas de distintas xeracións.