Plan Proxecta

Este é o cartel que marca o inicio do Plan Proxecta  "O  SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR", no que estaremos mergullados todo o curso.
Este programa foi deseñado pola Consellería de Educación en colaboración coa Consellería do Mar e a de Sanidade
A través deste Proxecto imos aprender cousas tan interesantes como : diferentes especies de peixes e os seus valores nutricionais, a importancia do peixe e o marisco na nosa dieta a través  de sinxelas e ricas receitas . Tamén afondaremos no mundo da pesca, transporte e preparación do peixe e aprenderemos a ser uns consumidores responsables co medio mariño.
 
Todos a bordo!!!
 
http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/gl
 
Preme no cartel se queres acceder as diferentes Unidades Didácticas en Pdf
 
 
Se queres ver tódalas nosas actividades preme AQUÍ