domingo, 10 de junio de 2012

CEIP SEIS DO NADAL DE INTERTEATRO NO COLE

O 31 de maio viñeron representar "Atasco en Vigo", unha adaptación teatral da obra "Atasco" de Ángeles Jiménez Soria.Fixeron dous pases, un para infantil e outro para Primaria.Foi divertidísima e moi marchosa e con personaxes superactuais como Alaska, Guardiola,Mouriño!  Un éxito total!A experiencia pode resumirse coa frase que non paraba de  corear o noso alumnado ao rematar a obra: "TÚ SI QUE VALES" e ao escoitar esa frase, todo o traballo e esforzo destas rapazas e rapaces, das súas mestras e mestres, dos seus coidadores e coidadoras e familiares, cobra sentido.
Ao rematar houbo entrega de diplomas e unha merenda, para devolverlle a hospitalidade que tiveron con nós no Seis do Nadal.

SINOPSE: Nunha rúa da cidade de Vigo atópase un semáforo.Un día o homiño verde do semáforo decide deixar o seu posto de traballo e tomarse o día libre pois está canso de traballar todos os días do ano.Ao fallar o home verde, organízase un atasco tremendo de peóns porque non poden cruzar a rúa.Van chegando diferentes personaxes complicándose cada vez máis a situación.Á chegada do home verde resolve o problema, chega moi ledo, voltando á normalidade á rúa.