Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración d Día Internacional do Libro Infantil coa finalidade de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis cativos e cativas.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día del Libro Infantil e selecciona un escritor/a e un ilustrador/a representativo do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida aos nenos e nenas do mundo e o cartel, que se distribúe por todo o mundo, para promover a súa celebración en bibliotecas, centros escolares, librarías, etc.
Este é o cartel deste ano, xunto co manifesto,escrito polo autor mexicano Francisco Hinojosa baixo o título ‘Había una vez un cuento contaba el mundo entero’,
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas.
Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Presentámosvos ademais esta animación de Tomás Bases para Titirimundi Teatro para que coñezades máis polo miúdo a Hans Christian Andersen:
Preme na imaxe se queres comprobar o aprendido con esta actividade LIM (libro Interactivo Multimedia) realizado por Julia González do Ceip Mestres Goldar: