martes, 10 de marzo de 2015

"O ACUARIO" DE CAMILLE SAINT-SAËNS

Cos arpexios máis suaves do piano e as notas musicais longas dos instrumentos de corda xunto coa frauta traveseira e a armónica de cristal, fomos sumerxíndonos nas profundidades do mar á volta do Entroido,durante o final do 2º trimestre en todas as aulas de infantil e tamén nas aulas de 1º e 2º curso variando a complexidade da actividade dependendo das diferentes idades.
Nesta obra musical chamada O ENTROIDO DOS ANIMAIS o compositor Saint-Saëns "disfraza" a diferentes instrumentos musicais de animais, creando unha gran fantasía zoolóxica.
 Escribiuna no ano 1886 durante as súas vacacións e presentoulla só a un pequeno grupo de amigos o martes de Entroido dese mesmo ano.
Esta melodía do ACUARIO inspirounos para imitar todo tipo de animais mariños,dramatizando e imitando os movementos dos animais mediante a expresión corporal, á vez que aprendíamos a diferenciar diferentes especies que aparecían neste musicograma tan orixinal como o peixe globo, a quenlla, o escurridizo polbo, medusas, nécoras, cabaliños e estrelas de mar entre o argazo...


http://www.iesquintana.net/descargas/musica/acuario.swf


Ademais esta experiencia de traballo foi unha excelente maneira de introducir aos máis cativos e cativas na música clásica!