jueves, 28 de octubre de 2010

A COUSA MARCHA...

Xa temos os contos contados,as saídas de San Roque realizadas e os Cadernos de Campo cubertos.Aí vai unha pequena mostra.Por certo, se queredes ollar os cadernos ou imprimilos pinchade na portada.


VISITA A SAN ROQUE on PhotoPeach



CONTACONTOS NA RATOEIRA on PhotoPeach

jueves, 7 de octubre de 2010

XA CHEGOU A 1ª CARTA DO RATO!

Se queredes ler as misións que nos encomenda, pinchade no sobre.

miércoles, 6 de octubre de 2010

CALES SON OS LIBROS QUE VOS GUSTAN?

Esta entrada do blog da biblioteca do CEIP A Doblada é para vós, aquí ides poñer os libros que máis vos gustasen para compartilos cos vosos compañeiros e compañeiras e que así, eles tamén poidan disfrutalos.

viernes, 1 de octubre de 2010

BENVIDA!

Este é o blogue  da biblioteca do CEIP A Doblada. É o noso segundo curso no PLAMBE(Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e o terceiro traballado xuntos por proxectos.

Despois de ver moito mundo o ano pasado, decidimos quedarnos no barrio dos paxaros onde está a nosa escola.O título do proxecto é por iso...
"O bosque encantado do barrio dos paxaros":

 Internarémonos no bosque para estudiarmos todo sobre as nosas árbores e os bosques; os animais e as criaturas fantásticas que os poboan; fixarémonos nas pegadas que deixa a historia  nos nosos montes investigando sobre as mámoas e os petroglifos; observaremos como a foresta muda a flora e a fauna ao longo do ano.
Contarannos e contaremos contos clásicos e actuais en castelán, en inglés e en galego no que o bosque é máis ca un escenario; faremos visitas guiadas e cubriremos cadernos de campo; realizaremos planos, falaremos en mesas redondas, prepararemos debates; faremos teatro... e deixaremos sinais neste blogue rompendo unha poliña cunha entrada...