Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
viernes, 19 de diciembre de 2014
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA NADAL 2014
sábado, 21 de diciembre de 2013
RECOMENDACIÓN DE LECTURAS NADAL 20013/2014
Con boa música e bos libros, pasaredes un Nadal moi entretido. Aquí tedes as suxerencias da Biblioteca:
domingo, 6 de enero de 2013
CARTA DO AVÓ AOS REIS MAGOS
Melchor, Gaspar y Baltasar. ¿Por qué no he de creerlo, hijo? Un amigo mío les pidió la Luna reflejada en un charco y se la han traído.
Cuando yo tenía seis años y era pobre, les pedí un juguete. Me trajeron el mar. Papá, tan asombrado como yo, dijo: nunca había visto nada tan grande ni tan divertido.
Otro año, les pedí otro amigo y así seríamos siete, cinco en la cancha y dos en el banquillo, por lo que pudiera pasar. Les pedí un amigo de un metro y mucho de alto, todo un pívot.
Cuando vuelva a ser niño, a la hora de pedir, en la noche de los prodigios, pediré que me dejen tener un perro, que a mamá, el día 24 de todos los meses, aún le queden dos panes en la despensa y que papá vuelva a casa y sonría.
Cuando sea niño, a la hora de pedir, pediré que los mapas políticos cambien por las buenas, que cada uno pueda colorearlos como quiera, con los colores que más le gusten y que todos quepan en el mismo libro.
Mi padre, hijo, pedía los vientos de marzo, las lluvias de abril, las amapolas de junio, ver madurar el trigo y que el alcalde fuese un hombre honrado.
Cuando sea niño, a la hora de pedir, pediré motivos para cantar contento, que la niña del pomar vuelva a sonreírme, que nazcas tú, pediré una canción, una sonrisa y un beso, un amigo y, en todo caso, hijo, un vaso de buen vino.
Cuando sea niño, a la hora de pedir, pediré cosas que no se rompen, ni se oxidan, ni aburren, cosas que se quedan en la memoria, en tanto vuelva a ir de niño a viejo y para siempre, seguro que por los siglos de los siglos. Amén.
Esta es la carta que mi abuelo escribirá a los Reyes Magos cuando vuelva a ser niño.
Juan Farias
sábado, 5 de enero de 2013
A QUE CONTO PERTENCEN ESTES ZAPATOS QUE LLE PODERIAMOS PÓR AOS REIS?
domingo, 30 de diciembre de 2012
UNHA ÚLTIMA , pero interesante recomendación
Se aínda non escribiches a carta aos Reis, inclúe este libro disco Flor&Rolf ou Rolf&Flor.Tanto ten. Alba Editorial.
Unha deliciosa historia de amor-amizade contada e cantada en español e en inglés entre dous cativos singulares que se coñecen dun xeito singular. E non contamos máis porque estamos convencidas de que o Departamento de Inglés e a Biblioteca da Escola si o piden e o usarán.
Aquí un dos temas en español que fían a historia.
lunes, 24 de diciembre de 2012
domingo, 25 de diciembre de 2011
FACER XOGUETES CON MATERIAIS RECICLADOS
Seica os Reis Magos visitaron o cole e comentáronlle ao Rato Pardo que estaban un pelín preocupados porque este ano non poderán traer todos os agasallos que os rapaces e as rapazas pidan, xa que corren malos tempos con isto da crise que xa nos sae a todos e a todas polas orellas...
Pero que non "panda o cúnico" porque para compensalo, deixáronnos na biblioteca unha guía para facer xoguetes na casa con materiais reciclados publicada vai tempo por Unicef.
Ao Rato Pardo pareceulle unha idea brillante e dobremente divertida xa que deste xeito, disfrutades coa súa fabricación e máis tarde xogando con eles; e ademais, como para a construción dalgúns, precisades a axuda dun adulto, compartiredes un rato especial en familia.
Podedes descargalo AQUÍ e empezar xa!
Pero que non "panda o cúnico" porque para compensalo, deixáronnos na biblioteca unha guía para facer xoguetes na casa con materiais reciclados publicada vai tempo por Unicef.
Ao Rato Pardo pareceulle unha idea brillante e dobremente divertida xa que deste xeito, disfrutades coa súa fabricación e máis tarde xogando con eles; e ademais, como para a construción dalgúns, precisades a axuda dun adulto, compartiredes un rato especial en familia.Podedes descargalo AQUÍ e empezar xa!
viernes, 23 de diciembre de 2011
LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL
lunes, 19 de diciembre de 2011
miércoles, 5 de enero de 2011
NOITE DE REIS
Decátome de que xa é día 5 de xaneiro, de que en cinco días volvemos a vérmonos o pelo e de que as criaturas do bosque dos contos aínda non botamos a nosa carta aos Reis. Aínda estamos a tempo.
Pedirémoslles para vós ás Súas Altezas: alegría, imaxinación, sentidiño e ganas de traballar . Tamén algo material que teña que ver co noso proxecto, por exemplo: unha árbore, aínda que sexa pequeniña, libros e xogos e xoguetes.
Unha man de pintura para as paredes e...algunha sorpresa...
Bo ano, por certo.
Rato
Pedirémoslles para vós ás Súas Altezas: alegría, imaxinación, sentidiño e ganas de traballar . Tamén algo material que teña que ver co noso proxecto, por exemplo: unha árbore, aínda que sexa pequeniña, libros e xogos e xoguetes.
Unha man de pintura para as paredes e...algunha sorpresa...
Bo ano, por certo.
Rato
domingo, 26 de diciembre de 2010
TEATRO EN INGLÉS "THE INNKEEPER"
Durante a derradeira semana antes das vacacións de Nadal, os dous cursos de 6º de primaria e a súa mestra de inglés, Elvira, quixeron agasallarnos con esta divertida obra en inglés realizando dous pases independentes para os máis cativos e cativas do cole.
Trata sobre un pousadeiro ao que ninguén lle deixa durmir certa noite...
Trata sobre un pousadeiro ao que ninguén lle deixa durmir certa noite...
jueves, 23 de diciembre de 2010
O APALPADOR ANIMANDO Á LECTURA
O 22 de decembro visitounos o apalpador en persoa e non quixo desaproveitar a oportunidade de visitar a biblioteca para disfrutar dun tempo de lectura antes de facer o tradicional percorrido por todas as aulas xunto cos Reis Magos para saudarvos a todos e a todas e desexarvos boas festas.Graciñas e ata o vindeiro ano!
Tamén quere compartir con nós a súa historia para coñecelo máis polo miúdo e para dar a despedida, como é moi parrandeiro, adicounos unha canción do grupo de música Chouteira que esta incluida no album "Cantigas de Nadal" e titúlase "O Cometido".
Máis recursos sobre o Apalpador dende a estupenda web da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüistica
Tamén quere compartir con nós a súa historia para coñecelo máis polo miúdo e para dar a despedida, como é moi parrandeiro, adicounos unha canción do grupo de música Chouteira que esta incluida no album "Cantigas de Nadal" e titúlase "O Cometido".Máis recursos sobre o Apalpador dende a estupenda web da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüistica
miércoles, 22 de diciembre de 2010
CARTA DO RATO POR NADAL
sábado, 18 de diciembre de 2010
UN BO REGALO? UN LIBRO
O rato ofrécevos para estas datas posibilidades de lectura moi atractivas para todas e todos vós, tendo en conta a vosa idade e características lectoras.Consultade as recomendacións en literatura, libros de consulta, música...
Non esquezades aproveitar este período vacacional para facer actividades entretidas e estimulantes tipo sopas de letras, manualidades,encrucillados,sudokus, xogos de mesa...que tamén contribúen ao desenvolvemento da intelixencia dun xeito ameno e sobre todo... o máis importante... é compartir esas lecturas e xogos en familia!
Non esquezades aproveitar este período vacacional para facer actividades entretidas e estimulantes tipo sopas de letras, manualidades,encrucillados,sudokus, xogos de mesa...que tamén contribúen ao desenvolvemento da intelixencia dun xeito ameno e sobre todo... o máis importante... é compartir esas lecturas e xogos en familia!Feliz Aninovo 2011 e Felices Lecturas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



