Mostrando entradas con la etiqueta proxectobosque. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxectobosque. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de mayo de 2011

HAI ALGO DE BOSQUE NO MEU NOME...

Andivemos moi atarefados investigando sobre antropónimos relacionados co bosque e o mundo vexetal existentes entre o alumnado do noso cole e,sabedes que?pois...descubrimos un montonazo deles...
A saber:Nespereira,Val,Nogueira,Pereira,Laura("loureiro"),Rosalía("rosa"),Pumales("conxunto de maceiras"),Castro,Steinweg("camiño de pedra"),DaSilva,Rocha,Pomar,Veiga,Couselo,Graña,Carracedo,Cortizo,Juncal,Busquets,Oliveira,Robles,
Sobreira,Montes,Arboleda,Piñeiro,Otero,Moreira,Abeledo,Penedo,Canabal,Castelao,Figueiras...uff...de seguro que algún quedou polo camiño pero animámosvos a que coñezades máis cousas sobre a súa orixe!

domingo, 8 de mayo de 2011

O BOSQUE DOS LIBROS

Mirade esta interesante creación de Abraham Méndez Ramos en Tarragona,amante da escritura, os libros e a comunicación e coleccionista de pezas e motivos sobre estes mundos.Foi creado coa fin de que todo escritor “colgue unha folla do seu libro”nun dos centenares de árboles que hai neste parque.A mensaxe é: “Ven, abraza unha árbore e planta o teu libro”.


viernes, 29 de abril de 2011

ARTE INSPIRADA NO BOSQUE

Esta é unha mostra da Exposición que hai actualmente no cole con todos os traballos artísticos elaborados ao longo do curso e inspirados no bosque utilizando moi diversas técnicas.Os artífices destas orixinais obras de arte son o alumnado do 2º ciclo.Noraboa!




sábado, 16 de abril de 2011

LIBROS CARTONEIROS

QUE É UN LIBRO CARTONEIRO?  
Pois un libro feito a partir de fotocopias e cartón reciclado para as gardas.

Unha iniciativa que xurdiu en latinoamérica no 2003, concretamente na Arxentina coma un proxecto editorial, artístico, social e comunitario sen ánimo de lucro.As editoriais cartoneras conseguen editar libros de moi baixo custe que se difunden logo na rúa a precios accesibles para a poboación. Publican material inédito porque cada un dos libros é único!
Eloisa Cartonera foi a primeira.Tras o modelo de Eloisa, fundada por Santiago Vega (Washington Cucurto) e Javier Barilaro, xurdiron iniciativas semellantes por toda América Latina: Sarita Cartonera en Lima; Animita Cartonera, en Santiago de Chile; Lupita Cartonera en Cidade de México e Yerba Mala, en Bolivia.Agora chegan á Doblada da man dos seus alumnos que quixeron fabricar os seus propios libros cartoneiros inspirándose neste proxecto tan singular.Algúns animáronse a contarllos aos máis cativos nunha sesión na biblioteca.
LIBROS CARTONEIROS on PhotoPeach


Para saber más:

www.eloisacartonera.com.ar

www.colectivo7.com

www.saritacartonera.com

www.animita-cartonera.cl

www.yerbamalacartonera.blogspot.com

www.lacentral.com/agenda?evento=9531&idm=1


sábado, 9 de abril de 2011

EXPO-CONFERENCIA SOBRE PETRÓGLIFOS

Uns días antes da xenial visita do arqueólogo Xosé Lois Vilar,algúns nenos e nenas de 5º cursos prestáronse voluntarios para preparar unha exposición-conferencia sobre petróglifos coa axuda das súas titoras.Logo de elaborar unha presentación para a Pizarra Dixital con todo o material,os nenos e nenas de 1º ciclo,achegáronse á súa aula para escoitalos e ver os seus traballos.


Para a preparación da conferencia documentáronse cun DVD titulado "Petróglifos: testemuñas do tempo" de Federico de la Peña Santos e unha Unidade Didáctica do Concello de Vigo sobre xacementos arqueolóxicos existentes na cidade, ademais de visitar varias páxinas web.
Noraboa a todos e todas os participantes!

lunes, 21 de marzo de 2011

21 de marzo: DÍA DA ÁRBORE

Feliz Día da Árbore ou Día Forestal Mundial a todos e todas!Para festexalo o Equipo de Biblioteca está preparando un plano do cole no que se inclúen os grandes tesouros verdes que temos nel.Mentres podedes ir consultando dez ideas que nos propón ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) para celebralo!
Deixamos, para que reflexionedes e tomedes conciencia ecolóxica, esta tira cómica, que máis alá de divertir tamén quere dárvos unha mensaxe ben clara: a natureza loita por recuperar os espazos que pouco a pouco lle rouba o home.

COÑECENDO PETRÓGLIFOS CON XOSÉ LOIS VILAR

O Instituto de Estudos Miñoranos, no marco dos seus proxectos pedagóxicos,participou no noso proxecto "O bosque encantado do barrio dos paxaros" para falarnos nas pegadas que deixa a historia nos nosos montes.
O IEM é un grupo de xente que traballa para que a nosa terra sexa máis nosa, máis coñecida, máis respectada e valorada por todos.A defensa do patrimonio histórico centra algunhas das súas principais actividades: visitas a conxuntos de arte rupestre, musealización de conxuntos de petróglifos como o de Outeiro dos Lameiros en Sabarís...non dubidedes en visitar a súa páxina web para coñecelos mellor.
Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo baionés e membro do IEM foi o noso guía ao longo de dúas horas de exposición-conferencia, que se pasaron voando para todo segundo ciclo e terceiro ciclo e tivo lugar o 3 de marzo.
Aprendimos que os petróglifos(= pedras gravadas) de Galicia teñen uns catro mil anos, case nada..., e que aínda que non estean dentro dun museo son obras de arte e hai que respectalos igual.
Ademais distinguimos arte figurada ou naturalista (animais, persoas...) de arte abstracta ou xeométrica (coviñas, espirais,labirintos,reticulados...) e falounos de mámoas( ou madorra, medoña,antela,dolmen,namela, casa dos mouros... e así ata máis de 40 sinónimos!)Amosounos como fan traballos de investigación en excavacións, que aparellos empregan (como o marcado non dañino de petróglifos con talco, o medidor a escada ou referente métrico...) e analizamos exemplos significativos de petróglifos de Galicia; por nomear un, no Monte do Galiñeiro en Gondomar consérvase en pedras inclinadas o mellor petróglifo de armas de toda Europa!!
Logo de rematada a charla, o alumnado fixo un divertido xogo para comprobar o aprendido, que como vedes non foi pouco!

APRENDEMOS SOBRE PETRÓGLIFOS CON XOSÉ LOIS VILAR on PhotoPeach


Aquí tedes algúns exemplos de petróglifos para consultar...

9ª CARTA DO RATO

sábado, 5 de febrero de 2011

7ª CARTA DO RATO

COIDA UN BONSAI DE OLIVEIRA NA TÚA AULA

Tal e como vos informou na carta o rato,a árbore que converteu a Bruxa Poucasmigas Malababa en Bonsai de Oliveira está xa sendo coidada nas aulas de infantil e primaria.Se a túa clase participa nesta misión, permanecede alerta pois proximamente a teredes baixo a vosa supervisión.Non esquezades seguir as instrucións do seu coidado.Os bonsais son delicados e precisan dunhas atencións especiais...Por todos e todas é sabido o beneficioso que é a música para as plantas, que estimula o seu crecemento entre outras cousas.
As plantas, como todo ser vivo,  estrésase,  reláxase, come, reprodúcese e morre.Non escoitarán a música pero si que senten as súas vibracións.Tanto ten...a cuestión é que saben cando son coidadas e cando non, así que aí vai un pouco de música  para un coidado extra do noso bonsai, que non se diga que non o mimamos.
O tema, popular portugués, titúlase "Ó, que linda rama" e fai referencia á árbore da oliveira.



Unha versión para os máis pequechos e pequechas...



Unha versión en karaoke para que practiquedes,aínda que o arranxo non soa de todo apatecible...



O coñecido grupo Malvela tamén ten incluída esta canción no traballo "que o pano non me namora" e dispoñemos na biblioteca doutra versión no cd de "Meniños Cantores" (pista nº 5).



viernes, 4 de febrero de 2011

"QUERCUS FORTIS IN SÉCULA"

Gústame esta árbore centenaria porque ten unha bonita historia:

Na parcela na que se atopa este carballo, o Goberno Galego quixo construir un edificio de vivendas.
Aos veciños da Doblada non lles gustou a idea de ter que cortar unha árbore tan nosa como esta e con tantos anos de historia, polo que rapidamente puxéronse mans á obra recopilando sinaturas de todos os vigueses.
Meus pais firmaron para que o salvasen, aportando así o seu gran de area para que hoxe podamos disfrutar dun fermoso parque no que sobrevive o "QUERCUS FORTIS IN SECULA"
Texto de Mariña Heras (alumna de 3º de primaria)

 

lunes, 10 de enero de 2011

GUÍA DE LECTURA PARA NON PERDERSE POLO BOSQUE

Este é punto de lectura que atoparedes na Biblioteca onde están seleccionados os libros que vos serán de axuda para o Proxecto do Bosque.

Tamén podedes consultalos na seguinte Guía de Lectura:

miércoles, 5 de enero de 2011

O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES

Queremos compartir con vós unha curta de animación de 30 minutos de duración que atopamos na rede.
Esta baseada no relato do escritor francés  Jean Giono e fala de algo máis que de árbores.Fala de como a soa vontade dunha persoa pode cambiar o mundo que ten ao seu arredor.
Animámosvos a ler o libro, dispoñible na biblioteca nunha fermosa e novidosa edición en pop-up!





domingo, 12 de diciembre de 2010

BOSQUE AMEAZADO NADA ENCANTADO

Tres anos de historia teñen os premios Árbore e Bosque do Ano e tres veces o galardón na categoría de Bosque Ameazado veu parar a Galicia. A ONG Bosques sin Fronteras decidiu este ano que esta distinción debe ser para o Souto de Santa Eufemia, no Courel, minguado por unha canteira.Se queres ler máis, preme aquí

Souto de Santa Eufemia