Mostrando entradas con la etiqueta escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escritores. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de mayo de 2016

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Hoxe o alumnado de 6º curso recibiu a visita de Ledicia Costas, a autora de "Escarlatina a cociñeira defunta".
Foi unha delicia escoitala falando de como se inspirou na súa avoa para escribir alguna das aventuras de Escarlatina. Animounos a realizar as receitas sinxelas e divertidas do conto.
Xa estamos desexando ler o seu novo libro: "Esmeraldina, a pequena defunta"



miércoles, 18 de mayo de 2016

ENCONTRO CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O 12 de maio visitou ao alumnado de 1º curso Jacobo Fernández Serrano, o autor de "MARCOPOLA".

Foi toda unha aventura mergullarse na súa lectura e xa estamos devecendo por ler a 4ª entrega... "Avoa Power"...


martes, 5 de abril de 2016

ENCONTRO CON ANA ALONSO

Nestes días recibimos unha visita moi especial no noso cole, a escritora Ana Alonso que compartiu cos nenos e nenas de 5º  uns momentos moi agradables.
Contoulles moitas cousas interesantes sobre o seu oficio de escritora e falaron do libro que estiveron lendo e traballando este curso: "La senda escondida"
 
Ao rematar a visita asinoulles os exemplares que adquiren unha relevancia especial para eles coa firma da autora.
GRAZAS ANA POLA TÚA VISITA!!! 

domingo, 22 de febrero de 2015

ENCONTRO CON ANA ALONSO

O alumnado de 4º e 6º participou nun encontro con Ana Alonso o 17 de febreiro .
Despois de ter lido "Como hablar con tu robot" e  "Antes de medianoche"  respectivamente.
Ana contoulles como se fixo escritora e animou aos rapaces a escribir historias.
Finalmente, as dedicatorias nos seus libros e unha foto con Ana, para non esquecer este día tan especial!

lunes, 28 de abril de 2014

23 de abril DÍA DO LIBRO: ENCONTRO CON ANXO FARIÑA

Que mellor xeito de celebrar este día tan significativo que en compaña de Anxo Fariña, que ademais foi alumno do noso cole. Visitou aos cursos de 6ºB e 5º A, que son seguidores incondicionais das súas publicacións. Nesta ocasión os libros elixidos foron "Os Megatoxos e os templarios da luz" e "A chave da Atlántida", respectivamente.
<iframe src="http://slide.ly/embed/8d260c62776d4ad9f6440e5e4a64b932/autoplay/0" width="520" height="293" frameborder="0" scrolling="no" allowfullscreen></iframe><p>ratoeira dos contos's Slidely by <a href="http://slide.ly/show" target="_blank" title="Go to ratoeira dos contos's Slidely" >Slidely Slideshow</a></p>


ratoeira dos contos's Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 16 de junio de 2013

ENCONTRO CON OLI

O alumnado de 2ºA viviu con moitísima expectación o encontro con Oli o 29 de maio, pois era a primeira vez que lles visitaba un escritor. Falaron sobre "Leocadio o león" pero tamén participaron nun achegamento a outros libros como "Artur" e "Once damas atrevidas".Por certo,Oli encomendoulles a misión de averiguar o significado da palabra de orixe xitana "chaborrá" e ao día seguinte Elías descubriu que significaba "muchacho".Alex púxose moi contento cando lles ensinou un ovo pintado a man que Oli trouxera de Moldavia, porque lembrouse do seu país,Rumanía. Finalmente, as dedicatorias nos seus libros e unha foto con Oli, para non esquecer este día tan especial!


lunes, 6 de mayo de 2013

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

O pasado 29 de abril o alumnado de 6ºB tivo o pracer de coñecer a Fran Alonso, autor de "O brillo dos elefantes", libro elixido en galego dentro das recomendacións de lectura para este ano no marco do Plan Lector. A conversa co propio autor serviulles para desentrañar a profundidade da historia, unha historia de denuncia social que realmente emociona.O libro foi finalista do Premio Raíña Lupa.



domingo, 5 de mayo de 2013

ENCONTRO CON FINA CASALDERREY

6º B e 2º B compartiron o encontro, despois de ter lido "O misterio do faro vello" e "Quen me quere adoptar" respectivamente. 

Na visita do 18 de abril,os nenos e nenas de 2º B e Viqui, a súa titora, fixéronlle unha petición...!

Que non rouben de ti
o tempo de repouso 
que precisas para...
seguir no pucheiro
e na preparación
dos contos con maxia
que consiguen EMOCIÓNS!

Moitas grazas, Fina...
1º Por escribir para nenos/as
2º Por coidar con aloumiños o galego,
pois é a nosa lingua.
3º Por xogar coas palabras empregando maxia.
4º Por brillar os nosos ollos con 19 bágoas 
cando escoitamos 19 alumnos e alumnas de 2ºB
"Quen me quere adoptar"

ENCONTRO CON ALICIA BORRÁS

O día 25 de abril o alumnado de 6º A e Feli, a súa titora, coñeceron á escritora Alicia Borrás. Froito da conversa descubriron que é profesora de teatro e tamén que traballou de actriz de dobraxe para o cinema e a televisión e desvelounos que haberá unha segunda parte do libro Nata e Chocolate!
Queremos enviarlle unha aperta moi forte por regalarnos unha conversa chea de calidez e dozura!


 O argumento trata sobre o acoso escolar e a discriminación que sofre unha nena por ser albina. Preme na cuberta do libro se queres saber máis cousas sobre el...

lunes, 29 de abril de 2013

OLALLA GONZÁLEZ E MARK TAEGER NA RATOEIRA DOS CONTOS


Visitaron ao alumnado de 4 e 5 anos o 10 de abril, acompañados dun ratiño moi especial. Sabemos que estades pensando no rato pardo, a nosa mascota da biblioteca, pero en realidade trátase de Matías.
A arte éo todo para Matías. A súa primeira visita a un museo cámbialle a vida e ábrelle as portas a un mundo de formas e cores para plasmar os seus soños sobre lenzos. Despois, Olalla e Mark  nos presentaron a un pintor que se lle daba por pintar os cabalos de cor azul...
 Encantounos! Moitas grazas pola visita e por encher a nosa biblioteca de cor, de arte e de simpatía!



lunes, 15 de abril de 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: FINA CASALDERREY NA BIBLIOTECA

O xoves 18 de abril terá un encontro con 2º B e con 6º B e teremos a oportunidade de felicitala en persoa por ingresar na Real Academia Galega!Unha académica de luxo!

 

A mestra de 2ºB e o seu alumnado queren compartir con moito agarimo esta carta con nós para aprender moitas máis cousas sobre ela:


miércoles, 6 de junio de 2012

HOMENAXE A MAURICE SENDAK

Maurice Sendak, autor e ilustrador de Onde viven os monstros (por nomear un dos favoritos da biblio do cole), deixounos o pasado 8 de maio.


domingo, 6 de mayo de 2012

EXPOSICIÓN DE CASTELAO

Permaneceu case un mes durante o 2º trimestre. Partindo da información dos murais, varias titorías de Primaria realizaron traballos de procura de información e investigación.

miércoles, 2 de mayo de 2012

ARRANCA A XIRA DE INTERTEATRO 2012


O alumnado de 5º A protagonizará a peza teatral "Malos tempos para o detective Malow" de Chus Pereiro.

SINOPSE: O detective Malow, agobiado polas débedas, enfróntase a un caso de secuestro dun fabricante de salchichas.

Este é o reparto de actrices e actores:

Puriña: Elsa Cabaleiro Muñoz
 Malow: Hugo López Castro
 Sra. Verroallo: Eva Estévez Cerviño
Avogado: Pablo Carrera Gil
Caseiro: Sergio Juárez Araujo
Traballador e traballadoras:
Florencia Alonso Barboni
Ángel Álvarez Fernández
Berta Ballesteros González
Marta Dasilva Vidal
Uxía Iglesias Bernabé
Lucía Martínez Furgón
Jessica Rocha Pereira
Lin Chu: Josías Fernández Levrotto
Matóns de Lin Chu:
Andrea Casandra Timpu
José Aaron Crespo Carrera
Chuco Mengano: Sergio Cabaleiro
 TEXTO : Chus Pereiro
MÚSICA: Pablo Novoa

 UNHA MANCHEA DE AGRADECEMENTOS:
 A todas e a todos os que nos axudastes dunha ou doutra maneira.

Estas son as datas:

-4 DE MAIO: "Malos tempos para o detective Malow" no CEIP CANICOUVA.
-7 DE MAIO:"Ketumba Ketamba" CEIP CANICOUVA na nosa escola.
-10 DE MAIO: "Malos tempos para o detective Malow" no Auditorio do Concello de Vigo, dentro da programación das III Xornadas de Teatro Escolar.
-30 DE MAIO:"Malos tempos para o detective Malow" no CEIP SEIS DO NADAL.
-31 DE MAIO:"Atasco en Vigo" CEIP SEIS DO NADAL na nosa escola.

Ademais  tivemos a sorte de contar coa presenza no noso cole da propia autora, Chus Pereiro, o xoves 26 de abril, pouco antes do comezo da xira que tería lugar no CEIP Canicouva,onde actualmente imparte clases como titora de 3º curso.Soubemos que escribe por e para as nenas e nenos da súa escola, para poder dar vida a un texto mediante o teatro, que é a súa paixón, e que a publicación das súas obras non é o fin en sí mesmo senón unha consecuencia dese traballo co alumnado.
Deulles conselliños para a representación que lle serviron para espantar os nervios,o máis importante: que fixeran súa a obra, que a reinventaran, que experimentaran co texto, cos personaxes..!


martes, 24 de abril de 2012

23 DE ABRIL / DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR




Compartimos este cartel da editorial Libros del Oso (Arxentina)

A nosa biblioteca celebrou o Día do Libro coa visita de Alfredo Gómez Cerdá o martes 24 de abril.O alumnado de 5ºA viviu un encontro moi agradable co autor,que xirou arredor do seu libro"Barro de Medellín", xa que todo o alumnado de 5ºA compartira a  lectura coa súa titora durante o curso.




domingo, 1 de abril de 2012

VISITA DE RICARDO GÓMEZ

A comezos do 2º trimestre, o alumnado de 2º curso e o de 6º curso de Primaria, mergullouse  na lectura dalgúns dos libros do escritor Ricardo Gómez.
-"El sueño de Lu Szhu" e "El perro que buscaba estrellas" no 2º curso.
-"La verdadera historia de Caperucita Erre" no 6º curso.
O día 29 de febreiro visitounos e realizou dúas sesións independentes para cada curso.
Grazas a este encontro puidemos conversar con el e coñecelo máis polo miúdo, saber como son os seus libros, o moito que lle gustan os contos clásicos(sobre todo Carapuchiña vermella e O soldadiño de Chumbo) e o moito que desfruta creando ou reinventando personaxes e historias.Tamén soubemos que é profesor de matemáticas pero agora pode adicarse por completo a facer o que máis lle prace: escribir!
A charla foi moi amena, logo respondeu á morea de preguntas dos rapaces e rapazas e tamén adicou un tempo para asinar algúns exemplares dos seus libros.Ah! e o alumnado de 2º A regaloulle un álbum ilustrado moi orixinal, froito de "remexer" as historias dos dous libros que leron e titulárono"Lu Szhu e o seu can"
Este é o enlace da súa páxina web para quen queira ter máis info sobre a súa biografía, premios e un proxecto moi especial no que colabora co pobo saharaui.

VISITA DE RICARDO GÓMEZ on PhotoPeach


VISITA DE RICARDO GÓMEZ on PhotoPeach

viernes, 9 de diciembre de 2011

GAÑADORES DO PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO E MANUEL MARÍA


O novo dramaturgo Marcos Abalde gaña o XX Premio Álvaro Cunqueiro coa súa aposta polo teatro poético en A CEGUEIRA A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), seguindo a súa liña de promoción e difusión das artes escénicas e musicais e co fin de incentivar a creación literaria no eido teatral, vén convocando anualmente os premios ÁLVARO CUNQUEIRO para textos teatrais, MANUEL MARÍA de literatura dramática infantil e BARRIGA VERDE de textos para teatro de monicreques.






Marcos Abalde Covelo coa obra A cegueira e Paula Carballeira co texto O refugalloson os gañadores, respectivamente, do XX Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e do VI Manuel María de literatura dramática infantil. Juan Carlos F. Fasero, director da Agadic, desvelou hoxe a decisión do xurado encargado de resolver a edición 2011 dos galardóns.

De acordo con este mesmo ditame, decidiuse por unanimidade declarar deserto o IX Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades para públicos infantil e adulto.






sábado, 18 de junio de 2011

ANXO FARIÑAS GAÑOU O PREMIO MERLÍN

Los Premios Xerais 2011 reconocen a Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña

Anxo Fariñas—antigo alumno da nosa escola—gañou o Premio Merlín  este ano coa novela "A chave da Atlántida" . Parabéns.