Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas
lunes, 2 de febrero de 2015
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
martes, 27 de enero de 2015
LIBROS EN SON DE PAZ
O 30 de xaneiro conmemoramos o Día
Escolar pola Paz e a Non-Violencia. O seu obxectivo é a educación en e
para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a
non-violencia e a paz.
Dende as Bibliotecas Escolares podemos
servir de instrumento de paz e entendemento entre o alumnado de distinta
formación, raza, cultura e relixión.
Por iso o Equipo de Biblioteca do cole
quere contribuir con esta selección bibliográfica titulada "Libros en
Son de Paz". A meirande parte dos libros os podedes atopar no expositor
que estará ubicado na entrada da biblioteca. Se premedes na imaxe
podedes visualizar ou mesmo imprimir dita selección.
Ademais, este 27 de xaneiro cúmprense 70 anos da liberación do campo de concentración de Auschwitz;
unha data que se instituíu como Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto.
domingo, 2 de febrero de 2014
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
martes, 5 de febrero de 2013
martes, 27 de septiembre de 2011
jueves, 3 de febrero de 2011
UN BOSQUE DE PAZ
Un bosque de PAZ on PhotoPeach
miércoles, 2 de febrero de 2011
A POMBA DA PAZ?
Mirade esta divertida curta de animación titulada "Pigeon: Impossible" na que un axente novato segredo ten que enfrontarse cun problema pouco habitual no seu traballo: que facer cando unha pomba curiosa queda presa dentro dunha multimillonaria maleta de emisión nuclear do goberno dos EE.UU...
domingo, 30 de enero de 2011
POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA
Montaxe audiovisual a partir do conto de Jerome Ruillier,
Un libro moi orixinal sobre a AMIZADE, a DIFERENZA E a EXCLUSIÓN, que che está a esperar na biblioteca xunto co resto dos LIBROS EN SON DE PAZ.
Un libro moi orixinal sobre a AMIZADE, a DIFERENZA E a EXCLUSIÓN, que che está a esperar na biblioteca xunto co resto dos LIBROS EN SON DE PAZ.
A ALDEA GLOBAL
A orixe deste libro foi un e-mail que deu a volta ao mundo grazas a maxia de internet para falar nun único idioma: o da esperanza en poder construír un mundo máis xusto.Se puidéramos reducir a poboación da Terra a unha pequena comunidade de 100 persoas mantendo as proporcións de hoxe en día, sería algo coma isto...a terra en miniatura!
Desgraciadamente,sorprenderíache descubrir que só 20 delas consumirían o oitenta por cento da enerxía total e que só unha iría á Universidade.
As cifras asustan é?Atento ao video para coñecer máis detalles.
A MOITAS BOMBAS NON LLE GUSTA O SEU OFICIO...

Esta é unha historieta extraída dun libro existente na biblioteca que se chama "LIBRITO DE LAS IMÁGENES IMAGINABLES" de Fernando Hoyos.
Non ten palabras, non son necesarias.O único que precisades é unha observación atenta e coidadosa para captar a sabedoría que ocultan estas imaxes de personaxes singurares con vida propia, cheos de expresividade e humor.
Tamén podedes imaxinar outros finais posibles porque este é un libriño aberto á imaxinación...
sábado, 22 de enero de 2011
LIBROS EN SON DE PAZ
Poñemos á vosa disposición todo o fondo documental existente na biblioteca sobre esta temática.
Como sabedes está exposta na entrada da biblioteca esperando ser lidos, relidos e requetelidos en compaña dos vosos e das vosas profes.Queremos que vos gusten e entreteñan pero tamén que vos fagan reflexionar, pois un mundo mellor é posible.
Como sabedes está exposta na entrada da biblioteca esperando ser lidos, relidos e requetelidos en compaña dos vosos e das vosas profes.Queremos que vos gusten e entreteñan pero tamén que vos fagan reflexionar, pois un mundo mellor é posible.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
