Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de mayo de 2016

ENCONTRO CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O 12 de maio visitou ao alumnado de 1º curso Jacobo Fernández Serrano, o autor de "MARCOPOLA".

Foi toda unha aventura mergullarse na súa lectura e xa estamos devecendo por ler a 4ª entrega... "Avoa Power"...


domingo, 22 de febrero de 2015

ENCONTRO CON ANA ALONSO

O alumnado de 4º e 6º participou nun encontro con Ana Alonso o 17 de febreiro .
Despois de ter lido "Como hablar con tu robot" e  "Antes de medianoche"  respectivamente.
Ana contoulles como se fixo escritora e animou aos rapaces a escribir historias.
Finalmente, as dedicatorias nos seus libros e unha foto con Ana, para non esquecer este día tan especial!

domingo, 8 de febrero de 2015

CON SABELA GAGO

O 2 de febreiro visitounos de novo a gran actriz e mestra Sabela Gago, integrante da compañía de teatro ourensán SARABELA.
Estivo connosco animándonos a ler e facéndonos descubrir a maxia que hai dentro dos libros.
O encontro foi moi divertido, os nenos e nenas de 3º convertíronse en protagonistas por un día interpretando ... Graciñas Sabela !

jueves, 26 de junio de 2014

COAS MANS NA MASA : QONTARTE

A partir do álbum ilustrado Maruxa, baseado na canción tradicional polaca Maryna Gotuj pierogi ( que escoitaredes de fondo mentres vedes as fotos) da que a artista portuguesa Mafalda Milhoes fixo as ilustracións, todo o alumnado de 1º curso de Primaria traballou con masa de pan como elemento de creación plástica e deu forma aos personaxes do conto: Pepiño e Maruxa.

ratoeira dos contos de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 25 de mayo de 2014

IV EDICIÓN QONTARTE

Dende a Concellería de Educación do Concello de Vigo, en colaboración con OQO editora, na súa 4ª edición de QONTARTE,participaremos en tres obradoiros gastronómicos-literarios e de plástica creativa, para promover entre os nenos e nenas o coñecemento de distintos países europeos a través dos seus contos tradicionais e das súas manifestacións gastronómicas. Esta campaña titúlase: “COCIÑA DE CONTOS".
As monitoras da editorial OQO, Raquel e Cristina,impartirán os seguintes obradoiros: - Para 6ºA de E. Primaria: “EUROPA Á CARTA” o 19 de maio. - Para 1ºA e 1ºB de E. Primaria: “COAS MANS NA MASA” o 4 de xuño. - Para 6º de E. Infantil: “CONTOS A PEDIR DE BOCA” o 16 de xuño.

De momento deixámosvos as fotos de EUROPA Á CARTA, o primeiro dos obradoiros que fixo 6º A da man de Cristina e coa que quedamos encantados, achegándonos á gastronomía e cultura de países como Polonia, Italia, Francia, Portugal e España.

EUROPA Á CARTA on PhotoPeach

lunes, 28 de abril de 2014

23 de abril DÍA DO LIBRO: ENCONTRO CON ANXO FARIÑA

Que mellor xeito de celebrar este día tan significativo que en compaña de Anxo Fariña, que ademais foi alumno do noso cole. Visitou aos cursos de 6ºB e 5º A, que son seguidores incondicionais das súas publicacións. Nesta ocasión os libros elixidos foron "Os Megatoxos e os templarios da luz" e "A chave da Atlántida", respectivamente.
<iframe src="http://slide.ly/embed/8d260c62776d4ad9f6440e5e4a64b932/autoplay/0" width="520" height="293" frameborder="0" scrolling="no" allowfullscreen></iframe><p>ratoeira dos contos's Slidely by <a href="http://slide.ly/show" target="_blank" title="Go to ratoeira dos contos's Slidely" >Slidely Slideshow</a></p>


ratoeira dos contos's Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 27 de abril de 2014

ENCONTRO CON SABELA GAGO

O 26 de marzo visitounos a gran actriz e mestra Sabela Gago, integrante da compañía de teatro ourensá SARABELA.
Estivo co alumnado de 3ºA e 3ºB e tamén co alumnado de 1ºB. O encontro foi moi divertido e participativo, animándoos a sumerxirse na maxia dos contos, interpretando... Graciñas Sabela !

ENCONTRO CON SABELA GAGO on PhotoPeach

domingo, 5 de mayo de 2013

ENCONTRO CON FINA CASALDERREY

6º B e 2º B compartiron o encontro, despois de ter lido "O misterio do faro vello" e "Quen me quere adoptar" respectivamente. 

Na visita do 18 de abril,os nenos e nenas de 2º B e Viqui, a súa titora, fixéronlle unha petición...!

Que non rouben de ti
o tempo de repouso 
que precisas para...
seguir no pucheiro
e na preparación
dos contos con maxia
que consiguen EMOCIÓNS!

Moitas grazas, Fina...
1º Por escribir para nenos/as
2º Por coidar con aloumiños o galego,
pois é a nosa lingua.
3º Por xogar coas palabras empregando maxia.
4º Por brillar os nosos ollos con 19 bágoas 
cando escoitamos 19 alumnos e alumnas de 2ºB
"Quen me quere adoptar"

ENCONTRO CON ALICIA BORRÁS

O día 25 de abril o alumnado de 6º A e Feli, a súa titora, coñeceron á escritora Alicia Borrás. Froito da conversa descubriron que é profesora de teatro e tamén que traballou de actriz de dobraxe para o cinema e a televisión e desvelounos que haberá unha segunda parte do libro Nata e Chocolate!
Queremos enviarlle unha aperta moi forte por regalarnos unha conversa chea de calidez e dozura!


 O argumento trata sobre o acoso escolar e a discriminación que sofre unha nena por ser albina. Preme na cuberta do libro se queres saber máis cousas sobre el...

lunes, 29 de abril de 2013

OLALLA GONZÁLEZ E MARK TAEGER NA RATOEIRA DOS CONTOS


Visitaron ao alumnado de 4 e 5 anos o 10 de abril, acompañados dun ratiño moi especial. Sabemos que estades pensando no rato pardo, a nosa mascota da biblioteca, pero en realidade trátase de Matías.
A arte éo todo para Matías. A súa primeira visita a un museo cámbialle a vida e ábrelle as portas a un mundo de formas e cores para plasmar os seus soños sobre lenzos. Despois, Olalla e Mark  nos presentaron a un pintor que se lle daba por pintar os cabalos de cor azul...
 Encantounos! Moitas grazas pola visita e por encher a nosa biblioteca de cor, de arte e de simpatía!



lunes, 15 de abril de 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: FINA CASALDERREY NA BIBLIOTECA

O xoves 18 de abril terá un encontro con 2º B e con 6º B e teremos a oportunidade de felicitala en persoa por ingresar na Real Academia Galega!Unha académica de luxo!

 

A mestra de 2ºB e o seu alumnado queren compartir con moito agarimo esta carta con nós para aprender moitas máis cousas sobre ela:


domingo, 4 de noviembre de 2012

VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

O venres 21 de setembro o 3º ciclo de Primaria ao completo embarcouse rumbo á Illa de San Simón. Coñeceron a súa historia e os aspectos que a fan tan peculiar, pois foi lugar de pequenos templos relixiosos,  saqueada por piratas ingleses, habitada por monxes templarios e máis tarde pola Coroa de Aragón. Foi inspiración para o trovador Mendiño que lle adicou uns versos.Esceario da famosa batalla de Rande e de revoltas irmandiñas, casa de veraneo, presidio, orfanato...
 
Por aquí andan 6ºB
 
 
E por aquí 6ºA



 
5º B non podía faltar
 
 
E por último pero non menos importante 5ºA
 
 
 

 
 
Por certo, tedes que saber que a banda sonora das fotos foi creada e gravada por alumnado do cole, que agora xa anda polo instituto adiante... Dámoslle dende a Doblada unha forte aperta e desexámoslles que teñan sorte en todo aquilo que se propoñan facer na vida!
Aquí tedes a letra da canción, que está inspirada no Capítulo 8 de "20.000 leguas de viaje submarino". Neste capítulo Jules Verne relata a chegada do capitán Nemo á Bahía de Vigo, onde tivera lugar a batalla de Rande,para apropiarse dos tesouros afundidos...Ler máis
 
 
 

 


 



domingo, 10 de junio de 2012

REMATAMOS AS VISITAS Á BIBLIOTECA!


As dúas clases de 5º de Primaria acudiron o 24 de maio ás actividades didácticas organizadas pola Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, concluíndo así a serie de visitas que toda Primaria realizou ao longo dos meses de abril e maio.Esperamos que estes encontros teñan continuidade o vindeiro curso xa que foron moi formativos e lúdicos ao mesmo tempo!

domingo, 13 de mayo de 2012

ENCONTRO CON OLALLA GONZÁLEZ E MARK TAEGER

O alumnado de 5 anos tivo unha visita moi especial o 3 de maio: Olalla Gónzalez, adaptadora dos títulos de Kalandraka Chibós chibóns e Garavanciño e Mark Taeger, ilustrador de A verdadeira historia de carapuchiña, Aquiles o puntiño, Artur, Tic,Tac e Garavanciño levaron a cabo unha sesión de Contos ilustrados divertidísima onde a palabra, o xesto, a cor e as formas foron da man para dar vida a estes fantásticos contos que acapararon toda a atención das nenas e nenos!

miércoles, 9 de mayo de 2012

DESCUBRINDO OS MUNDOS

Estamos participando no programa para escolares "Descubrindo os mundos", que se está a desenvolver na Biblioteca municipal Xosé Neira Vilas dende finais do mes de abril.
 Cada visita está dirixida por personaxes próximos a algúns dos exploradores máis famosos.Eles encárganse de acompañar e guiar ao alumnado na procura de "pistas" sobre descubrimentos xeográficos que lles "obrigan" a percorrer a biblioteca e familiarizarse cos servizos que oferce dun xeito ameno e atractivo,a ter un maior coñecemento das instalacións, da xestión e organización do fondo documental, etc...
Os contidos e actividades de cada sesión están adaptados aos diferentes niveis educativos.
Un dos aspectos máis interesantes da visita é que entréganlle aos rapaces e rapazas o carné de usuario/a da biblioteca para poder voltar a ela sempre que o desexen e a conciban como un lugar de formación e de lecer.
Estas son as datas nas que estamos realizando as visitas:

12 de abril:1º ciclo
26 de abril:4ºA e 4ºB de primaria.
3 de maio: 3ºA e 3ºB de primaria.
10 de maio:6ºA e 6ºB de primaria.
24 de maio:5ºA e 5ºB de primaria.

 Noraboa á biblioteca pola iniciativa!As visitas están tendo unha resposta moi positiva tanto por parte do alumnado coma do profesorado! Aquí tedes unha mostra da sesión do Primeiro Curso de Primaria, que,axudados pola filla do mariñeiro Rodrigo de Triana, tiveron a "misión" de completar o diario de abordo de Cristóbal Colón coas pistas que lle axudarían a descubrir América.


domingo, 20 de noviembre de 2011

REGUEIFANDO!

O 25 de outubro, alumnado de 5º e 6º curso achegouse á improvisación oral, ao ritmo, á rima, aos xogos de palabras...con dous expertos regueifeiros: Luis Caruncho e Pinto de Herbón.
O obradoiro foi ofertado pola Concellería de Normalización Lingüística.
Aquí tedes unha mostra dalgunhas coplas que inventaron:

sábado, 21 de mayo de 2011

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO





Ademais...
Fai un COMIC ON-LINE 
Consulta a GUÍA DO COMIC
Consulta a galería de Abraham Carreiro na AGPI(Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) 

sábado, 14 de mayo de 2011