Mostrando entradas con la etiqueta normalizaciónlingüística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normalizaciónlingüística. Mostrar todas las entradas

sábado, 31 de mayo de 2014

Concerto-Presentación "BRINCA VAI!"


No no podedes perder! Se vos encantou o video que nos fixo gañador da Campaña do Concello de Vigo "Gústame o galego", o 1 de xuño tedes unha cita na Feira do Libro de Vigo con Paco Nogueiras Nodar, o autor da canción "meu o mundo é", tema incluido no seu novo libro-disco "BRINCA VAI" editado por Kalandraka,con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo. "Brinca Vai!" reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todos os temas, nos que aborda materias incluídas no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais,a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo.
"Brinca Vai!" reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión.



Aquí tedes o video orixinal de "Meu o mundo é".Con motivo da súa chegada ás librarías de toda Galicia en vésperas do Día das Letras Galegas, “Brinca Vai!” publicou en Youtube o vídeo da canción, gravado na Zona Monumental de Pontevedra; un canto ao valor ilimitado da nosa lingua, na que se poden expresar e desenvolver todo tipo de emocións, experiencias e sectores: ciencia, arte, deporte, música, ensino, cine, teatro, literatura, industria ou investigación.


lunes, 12 de mayo de 2014

MAIO, MES DAS LETRAS: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Velaquí unha orixinal versión de "Penélope" do poeta Xosé María Díaz Castro da man de Paco Nogueiras !

O profesor de música do CEIP Fernández Latorre de A Coruña musicou o poema "Esmeralda".Canta unha alumna de 4º do CEIP Fdez. Latorre. De seguro que vos vai gustar !
E por último, unha xenial adaptación da famosa "cup song" dende o IES poeta Díaz Castro de Guitiriz:

lunes, 18 de junio de 2012

175º ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

No cole temos a nosa propia Rosalía, alumna da clase de 6º curso.Rosalía sentiu a responsabilidade de facer este homenaxe para tal efeméride(cousas da homonimia...)O certo é que leva nela o espírito da homenaxeada pois abandeira polo cole adiante o noso idioma galego coma ninguén!

jueves, 14 de junio de 2012

50 ANOS DE LETRAS GALEGAS!

Mural colectivo realizado por todas as clases de Infantil e Primaria a partires dunha serie de “pistas” que lle permitían averiguar os homenaxeados e homenaxeadas asignados a cada clase. Unha vez que foron recoñecidos e recoñecidas, decoraron os seus retratos para pasar a formar parte da exposición.


domingo, 6 de mayo de 2012

EXPOSICIÓN DE CASTELAO

Permaneceu case un mes durante o 2º trimestre. Partindo da información dos murais, varias titorías de Primaria realizaron traballos de procura de información e investigación.

domingo, 15 de abril de 2012

REVISTA ESCOLAR RONSEL

Ronsel é o nome do xornal da nosa escola.Publícase enteiramente en galego.Para maio do 2012 o noso xornal Ronsel cumpre 18 primaveras e nós queremos celebralo con moitas actividades arredor del.
Este ano cada alumno/a personalizou a cuberta da súa revista, a meirande parte inspirouse no significado da palabra Ronsel, pero iso é outra historia e será contada noutro momento!
Realizamos unha exposición con todas as portadas e con elas realizaremos un concurso para elixir a cuberta oficial para o exemplar do cole.
Polo momento aquí vos deixamos unha mostra das edicións anteriores da revista Ronsel.


sábado, 7 de abril de 2012

"OS CONTOS DO BARDO ABELARDO"

Cantamos e bailamos da man do músico Servando e o seu acordeón diatónico, que actuou no mes de febreiro para todo infantil no marco das actividades ofrecidas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.As historias que compartiu cos nenos e nenas trataron sobre o respecto á Natureza e a contribución ao seu coidado.A sesión estivo do máis animada!

domingo, 4 de marzo de 2012

I FEIRA DO LIBRO E O XOGUETE USADO

Esta feira foi realizada durante xaneiro e febrero e resultou todo un éxito. Os xoguetes e libros de segunda man podían adquirirse con “ratouros”. Este ratouros conseguíanse respondendo ás cuestión do mural da Celebración do Centenario de Álvaro Cunqueiro ou ben falando en galego no cole.




Ademáis a todo o alumnado que falou galego en diferentes situacións e contextos (nos corredores, no comedor, durante as clases, no patio…) concedíaselle o privilexio de pertencer ao “PASEO DA FALA”, ao máis puro estilo Hollywood Boulevard”.


miércoles, 21 de diciembre de 2011