Mostrando entradas con la etiqueta aliméntaT-ben. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aliméntaT-ben. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de junio de 2015

NA DOBLADA COMEMOS FROITA



Participamos no Plan de consumo de froita fresca nas escolas.Durante a pasada quincena tivo lugar o reparto e cosumo da froita nas aulas Con este Plan pretendemos incidir ,co noso alumnado, nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende pequenos . Deixamos aquí un pequeno resumo fotográfico do que foi esta actividade no colexio.

Gozamos cuns maduros e saborosos PLÁTANOS.

Por se aínda non o sabías...  tamén comemos PAVÍAS!

 CEREIXAS! Aproveitade a comelas pois como ben di o refraneiro popular galego: "Dende maio a xullo as cereixas son coma puños"

E  tamén tivemos... unha PERA que non espera !



Un mércores comemos .....AMORODOS!! Unha das nosas favoritas...





E para afrontar con enerxía o día.. unhas boas MAZÁS!


Todas elas estaban boísimas!!!!





lunes, 1 de junio de 2015

O SABOR DA MÚSICA

Unha música que brota da terra. Doces e frescas armonías xorden de cenoiras que se transforman en frautas,pementos en trompetas, cabazas en tambores ,cogombros en caixas chinas, berenxenas en castañolas...e todo grazas á sorprendente ORQUESTA VEXETAL DE VIENA !!!





A continuación deixámosvos co noso modesto intento por emular a esta espectacular orquestra da man de 6ºB!


ALIMENT- ARTE

Tomando como punto de partida o Plan Proxecta no que participamos este ano "Alimentate ben", tentamos crear espazos e actividades motivadoras, expresando os coñecementos adquiridos a través de debuxos, paneis ... empregando distintos materiais e técnicas de expresión plástica.

PINTANDO BODEGÓNS
Aprendemos moitas cousas sobre os bodegóns. Agora xa sabemos que son obras de arte que representan obxectos inanimados, xeralmente cotidiáns, que poden ser naturais ou feitos polo home.
Tivemos a oportunidade de desenvolver a creatividade e coñecemento a través dun taller de plástica 
 Os alumnos de 4ºB fixeron a súa propia interpretación de bodegóns de autores famosos: Vicent Van Gogh, Paul Cezanne e Pablo Picasso
 Nesta presentación podedes ver que resultados tan interesantes.



Os alumnos de 5º tamén fixeron as súas reproduccións de bodegóns.



















RECICLANDO PEIXES
 Démoslles unha nova vida aos cds que xa non eran útiles convertíndoos en peixes multicores que ambientaron os pasillos do noso cole axudando a recrear o medio mariño.


FACENDO MAQUETAS
Promovemos a investigación sobre ecosistemas relacionados co mar entre os alumnos/as de 4º a través  dos diversos recursos informáticos. Plasmaron en maquetas o aprendido.


Tamén os alumnos de 5º investigaron sobre o noso planeta, hábitat de miles de formas de vida , tanto animais como vexetais.Tomaron conciencia da transcendencia que ten coidar o noso planeta e os nosos recursos naturais e tamén aprenderon a importancia de adquirir hábitos de consumo e producción responsables.









jueves, 28 de mayo de 2015

BARCO BROCHETAS

Despois de descubrir a importancia da froita para unha alimentación saudable, puxemos en marcha a nosa imaxinación e... pintando, recortando, pegando  fomos quen de crear este barco brocheta que non nos levará moi lonxe navegando pero...é comestible!!!



COLLAGE DE FROITAS

Partindo  do conto "A pequena eiruga glotona" de Eric Carle como elemento motivador, aproveitamos para introducir  ao noso alumnado no mundo das froitas, recoñecemos as que aparecen no conto e saboreámolas.
 Fixemos un collage no que ensamblamos as diversas actividades realizadas na aula cun denominador común: A froita, e a súa importancia para unha alimentación saudable.
Neste collage aparecen diferentes técnicas plásticas ( pintura con pincel, rasgado de papel...), lóxica- matemática ( pesando froitas, facendo series...),




PROBANDO FROITA

Os nenos e nenas de 5 anos B tamén participamos no Programa "Froita fresca na escola". 
A través da observación e a experimentación sensorial (vista,tacto,olfacto,gusto)  chegamos a descubrir  a importancia dunha alimentación variada e equilibrada. na que as froitas deben ter un papel protagonista.



viernes, 22 de mayo de 2015

PLAN PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN

Os alumnos do noso cole saben da importancia que teñen na alimentación diaria as froitas e as verduras e fixeron esta especie de "spot publicitario" para que vos animedes a consumilas.Lembra que debes tomar polo menos 2 racións de verduras e hortalizas e 3 pezas de froita cada día! Aproveita os produtos de temporada que hai nos mercados agora que ben o bo tempo!



martes, 19 de mayo de 2015

O PROXECTA NAS ONDAS




 O venres 15 de maio estivo a radio no colexio.
Foi unha  das actividades que organizamos dende o equipo da biblioteca, achegar  un estudio de radio aos nenos. Onda Cero estivo con nós e alí contamos moitas das actividades que realizamos no cole, entre elas a nosa participación no Plan Proxecta, . A experiencia para eles foi maravillosa, máxica, fabulosa...Escoitade que ben o contan os nenos e nenas de 4º e 5º!

lunes, 18 de mayo de 2015

AGALEGADOS

Xogamos: Agalegados do mar e Agalegados das froitas.
Facemos palabras coas letras nos taboleiros como se fose o Scrabble, empregando palabras relacionadas con mar e palabras relacionadas con froitas, repasando así o vocabulario galego.
   

viernes, 24 de abril de 2015

EN INFANTIL ALIMÉNTANSE BEN!

Todo comezou coa degustación dunha macedonia de froitas como punto de partida.
 Despois realizaron actividades como:
-Recoñecemento das froitas utilizando todos os sentidos agás a vista(5 anos A)
-Asociar cada froita co seu nome.
-A partir do conto Que tal, vexetal? traballaron as emocións e despois puxéronlle emocións ás froitas que probaron.
-Por último, un "AGALEGADOS" para repasar todo o vocabulario aprendido.









lunes, 20 de abril de 2015

O TOMATE : FROITA OU VERDURA?

O tomate non é uhan verdura ou unha hortaliza, é unha froita !
Coñecemos mil xeitos distintos de comer tomate: en salsa, crú, en guisos, en gazpacho...
Por tradición, ao ser consumido en ensaladas ou como guarnición das comidas principais e non como postre, consideramos que o tomate é unha verdura ou hortaliza e non unha froita. Pero os científicos demostraron o contrario.
A clave para clasificalo como froita atópase no seu interior: as sementes(non fai falla ser un experto en botánica para saber que a froita é a parte das plantas que conteñen as sementes, non si?)
Sorprendidos? En fin...hai unha cousa que SI está ben clara:o tomate é un dos protagonistas da cociña mediterránea e ten numerosas propiedades nutricionais.
Xa o di o grupo de música infantil "Mamá Cabra" nunha canción: "SE UNHA COUSA É IMPORTANTE; ESA COUSA É O TOMATE" ,incluída no libro-disco-DVD 'Bicos de música' da Editorial Galaxia, que temos na nosa biblioteca.


miércoles, 15 de abril de 2015

O PEIXE DE MANOLA, O PEIXE QUE MÁIS MOLA!


O alumnado de 1ºA ,acompañados da súa mestra Laura, cantan, bailan e aprenden un montón de nomes de peixes grazas a este vídeo incluído no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ de María Fumaça(Editorial Galaxia).Realización: Cuchi Carreira

"Traio sardiña,
xurelo pequeno,
pescada do pincho,
bonito de Burela,
fanecas e rapantes,
choco de Cesantes,
raia, peixe sapo,
luras e bacallau"