Mostrando entradas con la etiqueta letrasgalegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letrasgalegas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro conmemórase o día da escritora máis importante que tivemos en Galicia, Rosalía de Castro.
Aquí vos quedan algúns recursos para coñecela mellor.

http://rosaliadecastro.org/rosalia/biografia/


http://rosaliadecastro.org/rosalia/obra/

lunes, 11 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Aquí vos deixamos unha selección de recursos para traballardes as Letras Galegas 2015, feita pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Preme na imaxe para acceder.


Tamén xa temos na web do Seminario Galán información e diverso material didáctico, en PDF e en Rede para E. Infantil e E. Primaria, sobre o autor homenaxeado: Xosé Filgueira Valverde.





martes, 29 de abril de 2014

I CONCURSO DE VÍDEO-CREACIÓN PARA CENTROS DE ENSINO DE GALICIA

O alumnado de 4 anos A e 4 anos B de Infantil do noso cole participa neste concurso coa proposta audiovisual "En galego meu o mundo é" , organizado polo Concello de Santiago co fin de promover o uso do galego na comunidade educativa e contribuir á creación e difusión de traballos audiovisuais en galego.


Pode seguirse o día a día da convocatoria no evento creado na páxina de facebook da Concellería de Xuventude do Concello de Santiago.




lunes, 18 de junio de 2012

175º ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

No cole temos a nosa propia Rosalía, alumna da clase de 6º curso.Rosalía sentiu a responsabilidade de facer este homenaxe para tal efeméride(cousas da homonimia...)O certo é que leva nela o espírito da homenaxeada pois abandeira polo cole adiante o noso idioma galego coma ninguén!

jueves, 14 de junio de 2012

50 ANOS DE LETRAS GALEGAS!

Mural colectivo realizado por todas as clases de Infantil e Primaria a partires dunha serie de “pistas” que lle permitían averiguar os homenaxeados e homenaxeadas asignados a cada clase. Unha vez que foron recoñecidos e recoñecidas, decoraron os seus retratos para pasar a formar parte da exposición.


martes, 12 de junio de 2012

ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2012

O alumnado de 6º realizou un Festival o 1 de xuño para conmemorar o Día das Letras Galegas. 6º B representou uns lances da obra “Os vellos non deben namorarse” e 6ºA interpretou un rap titulado “Galego” do coñecido rapeiro vigués “El Puto Coke”, co que fixemos un video-montaxe para concienciar ao alumnado de que o noso idioma non pasa de moda e hai moitos grupos musicais de rock, hip-hop, heavy, pop…que se expresan en galego nas súas letras. Realizaron dous pases:un para 2ºA e B, 2º ciclo e 3º ciclo antes do recreo e outro para infantil e 1º ciclo despois do recreo. Este é o póster promocional da obra de Castelao,realizado polo alumno de 6º B Ezequiel. 






domingo, 27 de noviembre de 2011

COÑECENDO AO "GATIPEDRO"

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar ó gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua e, probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.

Álvaro Cunqueiro:Novidades do mundo e fauna máxica

Na Coruña hai unha praza moi famosa que ten unha fonte cunha escultura do Gatipedro, trátase da Praza do Humor!



Neste par de fichas, os máis pequechos e pequechas podedes completar a historia do gatipedro, ordenar as letras do seu nome e debuxarlle ao gatipedro o corniño e a lingua!


domingo, 19 de diciembre de 2010

ARUME XOGAL


Presentamos un xogo de mesa (tipo Trivial) de preguntas e respostas dedicado a Galicia, á súa historia, cultura, territorio e lingua.
Redactado integramente en galego.Se che interesa adquirilo, preme na imaxe.