jueves, 25 de noviembre de 2010

NOVAS DE ÚLTIMA HORA

Esta fin de semana achegádevos a CULTURGAL en Pontevedra:Exposicións, faladoiros con escritores...Visitade a páxina web para máis información.
Estamos na SEMANA DA CIENCIA 2010 e dende a biblioteca propomos un EXPERIMENTO.Quen quere experimentar sobre o mundo vexetal?Anotádevos porque hai que comprar material!

Por último, unha ADIVIÑA ARBÓREA.A resposta escrita nunha folla que debuxes e deseñes ti na casa coa túa familia.A folla vestirá a árbore medio espida da entrada.Así que a lucirse.Velaí vai...





CAMPAÑA "LEVA UN POEMA A CASA"

Empezamos unha nova actividade destinada ao alumnado e ás familias  que consiste en levar libremente un poema e , se queredes, traelo de volta ilustrado.Animádevos a participar!Os poemas están á vosa disposición nestas caixas á entrada da biblio.


3ª CARTA DO RATO

UNHA ÁRBORE ESPECIAL

Este ano a ONG "Bosques sen fronteiras" entrega o premio "Árbore Xigante" ao eucalipto centenario chamado o "avó de Chavín".


Este exemplar de "Eucaliptus Glóbulus" foi recoñecido desta forma como o exemplar máis alto de España, pero e que cos seus 70 metros de altura, é ademais unha das árbores máis altas de Europa.
Esta fantástica árbore foi plantada no ano 1880, por iso recibe o nome de avó, porque é a árbore máis anciá do lugar.

O "avó de Chavín" encóntrase situado a beira do río Landro, no chamado Souto da Retorta; este Souto pertencente a parroquia de Chavín encóntrase dentro da comarca lucense de Viveiro.

Se queredes saber máis, aquí tedes un vídeo sobre esta estupenda árbore.




Galicia non só recibiu este premio por parte da ONG, tamén conseguiu galardóns na categoría de exemplar emblemático, ameazado, lonxevo e xigante. Destacar a distinción feita pola ONG como Bosque Ameazado ao "Souto de Santa Eufemia", no Courel, ao que adicaremos unha entrada a parte no blogue.

jueves, 11 de noviembre de 2010

2ª CARTA DO RATO

O rato non descansa, xa ten novos cometidos para vós, non perdalles detalle lendo a súa nova carta!

martes, 9 de noviembre de 2010

TEATRO LIDO"INDO PARA O SAMAÍN"

O venres día 5 de novembro celebramos a maxia do SAMAÍN.As titoras de 5ºA e 5º B de primaria animaron ao seu alumnado a facer unha representación de teatro lido para o alumnado do 1º ciclo, a partires do conto "INDO PARA O SAMAÍN" de Carlos e Sabela Labraña  que relata a historia de 3 rapaces que andan á procura de cabazas coas que poder facer terroríficas caveiras para a noite do Samaín.

Cartel da representación


viernes, 5 de noviembre de 2010

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Agasallamos a todo aquel que se deixou caer pola biblio,  noces pintadas de dourado  envoltas nun poemiña, un "petisco literario"como din algúns por aí...


Para conseguilas foi preciso coñecer e distinguir con maestría todas as seccións da biblioteca completando un plano, entre outros xogos de formación de usuarios/as que se propuxeron durante a semana do 25 de outubro.