martes, 24 de abril de 2012

23 DE ABRIL / DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR




Compartimos este cartel da editorial Libros del Oso (Arxentina)

A nosa biblioteca celebrou o Día do Libro coa visita de Alfredo Gómez Cerdá o martes 24 de abril.O alumnado de 5ºA viviu un encontro moi agradable co autor,que xirou arredor do seu libro"Barro de Medellín", xa que todo o alumnado de 5ºA compartira a  lectura coa súa titora durante o curso.




jueves, 19 de abril de 2012

É UN LIBRO!!!!!!

OS PERSONAXES DOS CONTOS RECOMENDAN LER LIBROS


NO ABRILibro  deseñamos as capas máis incribéis para Carapuchiña, fixemos unha exposición sobre os ratos—uns personaxes moi de conto—, e sobre obxectos fuxidos dos contos de Andersen.
E este ano... 

domingo, 15 de abril de 2012

REVISTA ESCOLAR RONSEL

Ronsel é o nome do xornal da nosa escola.Publícase enteiramente en galego.Para maio do 2012 o noso xornal Ronsel cumpre 18 primaveras e nós queremos celebralo con moitas actividades arredor del.
Este ano cada alumno/a personalizou a cuberta da súa revista, a meirande parte inspirouse no significado da palabra Ronsel, pero iso é outra historia e será contada noutro momento!
Realizamos unha exposición con todas as portadas e con elas realizaremos un concurso para elixir a cuberta oficial para o exemplar do cole.
Polo momento aquí vos deixamos unha mostra das edicións anteriores da revista Ronsel.


O NACEMENTO DUN LIBRO

Neste vídeo veredes canto custa facer un libro.

Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo.

martes, 10 de abril de 2012

DECÁLOGO PARA UNHA VÍCTIMA DE CIBERBULLYING

Esta web forma parte da iniciativa "PantallasAmigas" para a promoción do uso seguro e saludable de internet e as novas tecnoloxías online por parte dos menores. Pretende servir coma fonte de información e de referencia complementaria para educadores/as e familias.

CURSO SOBRE TÉCNICAS DE NARRACIÓN ORAL

O autor e contacontos Boniface Ofogo (Camerún, 1966) vai impartir un curso titulado "“As ferramentas do narrador oral”" os días 27 e 28 de abril, dirixido a docentes e estudantes de educación infantil, animadores socioculturais, educadores sociais, profesionais de atención socio-sanitaria e narradores. As sesións terán lugar en LIBROS PARA SOÑAR o vindeiro venres 27 de abril, de 17:00 a 20:00 horas,e o sábado 28, de 10:30 a 13:30 horas. O curso ten prazas limitadas e o prezo é de 24 euros.
BLOG DE LIBROS PARA SOÑAR

sábado, 7 de abril de 2012

"OS CONTOS DO BARDO ABELARDO"

Cantamos e bailamos da man do músico Servando e o seu acordeón diatónico, que actuou no mes de febreiro para todo infantil no marco das actividades ofrecidas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.As historias que compartiu cos nenos e nenas trataron sobre o respecto á Natureza e a contribución ao seu coidado.A sesión estivo do máis animada!

lunes, 2 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2012

Hoxe celébrase o Día do Libro Infantil e xuvenil . Conmemórase o  nacemento  de Hans Christian Andersen e esta é tamén a data de comezo do noso AbriLibro.  Esta é a mensaxe  deste ano.



Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. 
Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que 
comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas 
desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e 
príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de 
chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. 
Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de 
personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, 
convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses 
contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha 
veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando 
a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela 
en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas 
historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos 
obstáculos que se nos presenten no camiño.
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu 
un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as 
culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; 
aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos 
énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no 
fondo, os seus protagonistas.
Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os contos, que xorden colmados de 
fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, 
ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou 
escoitalos, os converten nos seus coautores.
E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en 
boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para 
excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores 
tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando 
cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo 
co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.


Traducción: Eva Lozano Carpente

domingo, 1 de abril de 2012

HALA CELTA!

Estaredes preguntándovos que diantres fan estas fotos da visita de Mario Bermejo,xogador do Celta de Vigo, no blog da biblioteca, pois non teñen nada pero naaada que ver coa lectura,nin un chisco tan sequera... Pois ben...simplemente sucumbimos ás insistentes peticións dos rapaces e rapazas por poñelas!Aí van!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow created with Smilebox

VISITA DE RICARDO GÓMEZ

A comezos do 2º trimestre, o alumnado de 2º curso e o de 6º curso de Primaria, mergullouse  na lectura dalgúns dos libros do escritor Ricardo Gómez.
-"El sueño de Lu Szhu" e "El perro que buscaba estrellas" no 2º curso.
-"La verdadera historia de Caperucita Erre" no 6º curso.
O día 29 de febreiro visitounos e realizou dúas sesións independentes para cada curso.
Grazas a este encontro puidemos conversar con el e coñecelo máis polo miúdo, saber como son os seus libros, o moito que lle gustan os contos clásicos(sobre todo Carapuchiña vermella e O soldadiño de Chumbo) e o moito que desfruta creando ou reinventando personaxes e historias.Tamén soubemos que é profesor de matemáticas pero agora pode adicarse por completo a facer o que máis lle prace: escribir!
A charla foi moi amena, logo respondeu á morea de preguntas dos rapaces e rapazas e tamén adicou un tempo para asinar algúns exemplares dos seus libros.Ah! e o alumnado de 2º A regaloulle un álbum ilustrado moi orixinal, froito de "remexer" as historias dos dous libros que leron e titulárono"Lu Szhu e o seu can"
Este é o enlace da súa páxina web para quen queira ter máis info sobre a súa biografía, premios e un proxecto moi especial no que colabora co pobo saharaui.

VISITA DE RICARDO GÓMEZ on PhotoPeach


VISITA DE RICARDO GÓMEZ on PhotoPeach