lunes, 26 de noviembre de 2012
jueves, 22 de noviembre de 2012
domingo, 4 de noviembre de 2012
VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN
O venres 21 de setembro o 3º ciclo de Primaria ao completo embarcouse rumbo á Illa de San Simón. Coñeceron a súa historia e os aspectos que a fan tan peculiar, pois foi lugar de pequenos templos relixiosos, saqueada por piratas ingleses, habitada por monxes templarios e máis tarde pola Coroa de Aragón. Foi inspiración para o trovador Mendiño que lle adicou uns versos.Esceario da famosa batalla de Rande e de revoltas irmandiñas, casa de veraneo, presidio, orfanato...
Por aquí andan 6ºB
E por aquí 6ºA
5º B non podía faltar
E por último pero non menos importante 5ºA
Por certo, tedes que saber que a banda sonora das fotos foi creada e gravada por alumnado do cole, que agora xa anda polo instituto adiante... Dámoslle dende a Doblada unha forte aperta e desexámoslles que teñan sorte en todo aquilo que se propoñan facer na vida!
Aquí tedes a letra da canción, que está inspirada no Capítulo 8 de "20.000 leguas de viaje submarino". Neste capítulo Jules Verne relata a chegada do capitán Nemo á Bahía de Vigo, onde tivera lugar a batalla de Rande,para apropiarse dos tesouros afundidos...Ler máis
Suscribirse a:
Entradas (Atom)