Despois de descubrir a importancia da froita para unha alimentación saudable, puxemos en marcha a nosa imaxinación e... pintando, recortando, pegando fomos quen de crear este barco brocheta que non nos levará moi lonxe navegando pero...é comestible!!!
jueves, 28 de mayo de 2015
COLLAGE DE FROITAS
Partindo do conto "A pequena eiruga glotona" de Eric Carle como elemento motivador, aproveitamos para introducir ao noso alumnado no mundo das froitas, recoñecemos as que aparecen no conto e saboreámolas.
Fixemos un collage no que ensamblamos as diversas actividades realizadas na aula cun denominador común: A froita, e a súa importancia para unha alimentación saudable.
Neste collage aparecen diferentes técnicas plásticas ( pintura con pincel, rasgado de papel...), lóxica- matemática ( pesando froitas, facendo series...),

PROBANDO FROITA
Os nenos e nenas de 5 anos B tamén participamos no Programa "Froita fresca na escola".
A través da observación e a experimentación sensorial (vista,tacto,olfacto,gusto) chegamos a descubrir a importancia dunha alimentación variada e equilibrada. na que as froitas deben ter un papel protagonista.
viernes, 22 de mayo de 2015
PLAN PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN
Os alumnos do noso cole saben da importancia que teñen na alimentación diaria as froitas e as verduras e fixeron esta especie de "spot publicitario" para que vos animedes a consumilas.Lembra que debes tomar polo menos 2 racións de verduras e hortalizas e 3 pezas de froita cada día! Aproveita os produtos de temporada que hai nos mercados agora que ben o bo tempo!
miércoles, 20 de mayo de 2015
ADIVIÑA QUEN?
Para comprobar todo o aprendido durante a exposición, preparamos o xogo de "Adiviña Quen? na biblioteca.Podedes xogar por equipos entre os compañeiros e compañeiras da clase.Primeiro quitade todos os carteis cos nomes e despois volvédeos a colocar cada un no seu lugar correspondente. Podedes darlle máis emoción se asignades un tempo determinado para a colocación dos carteis e así tamén engadides algo máis de dificultade ao xogo. Veña, logo! A que esperades? Pasádevos pola biblio e a xogar!
martes, 19 de mayo de 2015
O PROXECTA NAS ONDAS
O venres 15 de maio estivo a radio no colexio.
Foi unha das actividades que organizamos dende o equipo da biblioteca, achegar un estudio de radio aos nenos. Onda Cero estivo con nós e alí contamos moitas das actividades que realizamos no cole, entre elas a nosa participación no Plan Proxecta, . A experiencia para eles foi maravillosa, máxica, fabulosa...Escoitade que ben o contan os nenos e nenas de 4º e 5º!
lunes, 18 de mayo de 2015
AGALEGADOS
Xogamos: Agalegados do mar e Agalegados das froitas.
Facemos palabras coas letras nos taboleiros como se fose o Scrabble, empregando palabras relacionadas con mar e palabras relacionadas con froitas, repasando así o vocabulario galego.
domingo, 17 de mayo de 2015
EXPOSICIÓN SOBRE APARELLOS DE PESCA
O de comer peixe e marisco xa sabemos o beneficioso que é para a nós pero tamén debemos saber que as veces custa moito traballiño capturalos... Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas artes de pesca e marisqueo de baixura empregados en Galicia para ir "faenar" instalada durante unha semana na aula de música (xa que por aí pasa a totalidade do alumnado) e sempre con moita precaución á hora de manipular os aparellos.
Foi precisamente esta exposición a que nos permitiu amosarlle ao noso alumnado algunhas artes, aparellos e utensilios usados polos nosos mariñeiros e mariñeiras co obxectivo de achegalos a nosa rica e diversa cultura do mar.
A continuación podedes ver algunhas fotos tomadas durante a semana da exposición:

lunes, 11 de mayo de 2015
LETRAS GALEGAS 2015
Aquí vos deixamos unha selección de recursos para traballardes as Letras Galegas 2015, feita pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Preme na imaxe para acceder.
Tamén xa temos na web do Seminario Galán información e diverso material didáctico, en PDF e en Rede para E. Infantil e E. Primaria, sobre o autor homenaxeado: Xosé Filgueira Valverde.
domingo, 10 de mayo de 2015
VISITA A LONXA E AO MUSEO DO MAR
A semana pasada visitamos a Lonxa do Berbés. Non puidemos ver a subasta de peixe porque cando chegamos xa rematara...unha mágoa! Pero aínda quedaba por alí algún peixe que obsevamos con atención.
Despois no Museo do mar gustounos moito un curioso submarino e os traxes antigos de submarinistas. Pero para os nenos o mellor foi o acuario que reproduce o ecosistema da ría de Vigo.
Rematamos esta actividade cun xantar no colexio, onde invitaronnos a degustar pratos elaborados con peixe:- Sopa de peixe e Fideua de mexillóns. Estaban deliciosos.

jueves, 7 de mayo de 2015
E DESPOIS DOS OBRADOIROS DE "ARROASES"...
Recomendamos estes dous volumes da Enciclopedia Temática Ilustrada da Editorial A Nosa Terra para afondar nos diferentes contidos traballados durante os Obradoiros de "arroases".
Podedes atopalos no recuncho de libros que temos destinado na biblioteca co resto dos libros sobre temática mariña.
domingo, 3 de mayo de 2015
ENTRE RESTOS DE CRUSTÁCEOS E MOLUSCOS
Adicamos toda unha semaniña enteira a manipular e recoñecer cunchas de diferentes animais mariños. Entre esas cunchas tamén se colaron unllas de percebes,caparazóns de centolas da ría e de ourizos de mar , unha xibia dun choco e ata unha estrela de mar!
Aprendimos as diferentes calidades gastronómicas das especies que posúen estas cunchas. Por exemplo: o ourizo de mar é coñecido como o "caviar dos pobres". O percebe e a centola tamén teñen un elevado recoñecemento culinario e un elevado prezo nos mercados, claro está. A peneira ou orella de mar é moi cotizada China, país ao que exportamos grandes cantidades...
Dentro dos vivalvos aprendimos a diferenciar variedades como a zamburiña, a volandeira e a vieira. Esta última máis grande que as anteriores e cunha cuncha plana e a outra cóncava, mentres que a zamburiña e a volandeira teñen as dúas cunchas cóncavas. Ademais observamos que a volandeira ten unha cor violácea e ten unha orella(pequenas aletas situadas no vértice da cuncha) máis grande ca outra e a zamburiña e de cor clara como a vieira e unha das orellas case non se distingue do resto da cuncha.
Tamén analizamos detidamente a diferencia entre as diferentes variedades de ameixas, entre elas as chirlas son as máis valoradas na cociña.
Aproveitamos tamén para falar sobre outros aspectos relacionados co mar como a comercialización de produtos galegos ou produtos procedentes da importación(que chegan na súa maioría aos mercados en estado conxelado e non en estado fresco),o furtivismo, as confrarías de pescadores, as poxas nas lonxas, o desove(época na que moitas especies poñen ovos) a sobreexplotación(é dicir, capturar máis do que se debería, o que contribúe a que escaseen algunhas especies de peixes e mariscos), a acuicultura...
Como vedes a exposición deu para moito!

viernes, 1 de mayo de 2015
2º OBRADOIRO DOS "ARROASES"
Onte 30 de abril recibimos por 2ª vez a visita dos arroases que fixeron obradoiros, onde diferentes personaxes nos axudaron a descubrir os beneficios dos produtos do mar e a preservar o noso medio mariño.
Tamén fixeron un divertido xogo cooperativo en forma de traineras onde aprenderon a diferenciar as diversas especies de peixes e marisco.
Ao final todos tivemos un carnet que nos acredita como membros do club dos Arroases.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)