domingo, 3 de abril de 2011

27 de marzo:FELIZ DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2011!

Na nosa cidade existen representacións teatrais para todos os públicos, por iso neste día,animámosvos a disfrutar das artes escénicas!
Como aperitivo da Xira de Interteatro deste ano,aí va unha pequena mostra dos ensaios do "GRUFFALO" antes da súa estrea.

KALANDRAKA CONTA CONTOS A TODO INFANTIL

O pasado venres 1 de abril,o alumnado de infantil acudiu á biblioteca do cole para facer maxia cos poderes que lle concederon as contacontos da libraría Kalandraka contos para soñar,en dúas sesións moi especiais na que deron vida con palabras e música de acordeón a contos como "O Gato Guille","Bailar nas Nubes" e "Pequena Lúa" entre outros.Seguro que cando volvan toparse con estes contos na biblioteca se lles debuxará na faciana a mesma expresión de emoción que capturaron as fotos, e se a lectura emociona, sinal de que estanse a xestar futuros lectores.
Ah! e se os vosos fillos e fillas  quedaron con ganas de máis historias, esta libraría ubicada no casco vello de Vigo organiza contacontos gratuítos os venres pola tarde.Consultade o horario das mesmas no seu blog e animádevos,caramba!
CONTACONTOS KALANDRAKA on PhotoPeach


CONTACONTOS KALANDRAKA continuación... on PhotoPeach

martes, 29 de marzo de 2011

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo o alumnado de 6ºA e 6ºB adicouse a traballar co xornal na aula.Inspirándose no libro "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz,seleccionaron algúns anuncios por palabras e os transformaron en historias.
Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais.



jueves, 24 de marzo de 2011

ARRANCA A XIRA DE INTERTEATRO

Xa estamos realizando os derradeiros ensaios antes de empezar coas representacións.Que nervios!Este é o cartel promocional da xira e as datas:

-O 4 DE ABRIL ACTUAMOS NO NOSO PROPIO COLE.
-O 5 DE ABRIL ACTUAMOS NA ESAD (Escola Superior de Arte Dramático)
- O 7 DE ABRIL ACTUAMOS NO CEIP "E.P. BAZÁN" (CHOUZO)
- O 12 DE ABRIL ACTÚA PARA NÓS O CEIP "E.P. BAZÁN"
-O 13 DE ABRIL ACTÚA PARA NÓS O CEIP "LOPE DE VEGA"


SINOPSE DA OBRA
Un rato -Little Brown Mouse- é quen de burlar a animais máis grandes e perigosos ca el cun invento do seu maxín, o Gruffalo, un monstro imposible que acaba facéndose realidade.Será quen de escorrentalo a el tamén?
Baseado no conto de Julia Donaldson 
REPARTO DE ACTRICES E ACTORES
PRESENTADORAS:
Djien Manel Beldjerd
Jessica Sánchez Hincapié
RATO:
Ana Nuñez Migón
GRUFFALO:
Pablo Vázquez Lorenzo
RAPOSA:
María Mancebo Bettremieux
MOUCHOS:
Alberto López Villar
Robert-Petronel Talica
SERPES:
Henrique Reboreda Fernández
Agustín Soria Díaz
María José Pomar del Río
LOBO:
Carlos Pérez Rodríguez
AXUDANTES:
Jaime A. Gutiérrez Aguirre
Daniel Vaquero Villamarín
Daniel Matei
CORO:
Mariana-Vasilia Chifor
Óscar Rodríguez Oliveira
Paula Pintos Busquets
Iago Rodríguez Iglesias
Aarón Fernández Gómez

CONTACONTOS PARA TODO INFANTIL

Mostra dunha actividade de contacontos realizada a finais de febreiro para todo infantil cortesía de SM.

2 de abril:DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Todos os anos, o 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, coa fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.Cada ano, un país membro desta Organización Internacional, encárgase de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo.Para o 2011, a sección de Estonia,distribúe o cartel de Jüri Mildeberg e de Jüri J. Dubov.O manifesto é da escritora Aino Pervik.
O nosa biblioteca é unha das tantas bibliotecas e librarías do territorio nacional adheridas a esta iniciativa.

Ler o manifesto (pdf)

lunes, 21 de marzo de 2011

21 de marzo: DÍA DA ÁRBORE

Feliz Día da Árbore ou Día Forestal Mundial a todos e todas!Para festexalo o Equipo de Biblioteca está preparando un plano do cole no que se inclúen os grandes tesouros verdes que temos nel.Mentres podedes ir consultando dez ideas que nos propón ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) para celebralo!
Deixamos, para que reflexionedes e tomedes conciencia ecolóxica, esta tira cómica, que máis alá de divertir tamén quere dárvos unha mensaxe ben clara: a natureza loita por recuperar os espazos que pouco a pouco lle rouba o home.