O autor e contacontos Boniface Ofogo (Camerún, 1966) vai impartir un curso titulado "As ferramentas do narrador oral" os días 27 e 28 de abril, dirixido a docentes e estudantes de educación infantil, animadores socioculturais, educadores sociais, profesionais de atención socio-sanitaria e narradores. As sesións terán lugar en LIBROS PARA SOÑAR o vindeiro venres 27 de abril, de 17:00 a 20:00 horas,e o sábado 28, de 10:30 a 13:30 horas. O curso ten prazas limitadas e o prezo é de 24 euros.
BLOG DE LIBROS PARA SOÑAR
martes, 10 de abril de 2012
sábado, 7 de abril de 2012
"OS CONTOS DO BARDO ABELARDO"
Cantamos e bailamos da man do músico Servando e o seu acordeón diatónico, que actuou no mes de febreiro para todo infantil no marco das actividades ofrecidas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.As historias que compartiu cos nenos e nenas trataron sobre o respecto á Natureza e a contribución ao seu coidado.A sesión estivo do máis animada!
viernes, 6 de abril de 2012
lunes, 2 de abril de 2012
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2012
Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro.
Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que
comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas
desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e
príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de
chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate.
Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de
personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse,
convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses
contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha
veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando
a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela
en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas
historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos
obstáculos que se nos presenten no camiño.
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu
un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as
culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos;
aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos
énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no
fondo, os seus protagonistas.
Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os contos, que xorden colmados de
fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias,
ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou
escoitalos, os converten nos seus coautores.
E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en
boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para
excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores
tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando
cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo
co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.
Traducción: Eva Lozano Carpente
domingo, 1 de abril de 2012
HALA CELTA!
Estaredes preguntándovos que diantres fan estas fotos da visita de Mario Bermejo,xogador do Celta de Vigo, no blog da biblioteca, pois non teñen nada pero naaada que ver coa lectura,nin un chisco tan sequera... Pois ben...simplemente sucumbimos ás insistentes peticións dos rapaces e rapazas por poñelas!Aí van!
| Free picture slideshow created with Smilebox |
VISITA DE RICARDO GÓMEZ
A comezos do 2º trimestre, o alumnado de 2º curso e o de 6º curso de Primaria, mergullouse na lectura dalgúns dos libros do escritor Ricardo Gómez.
-"El sueño de Lu Szhu" e "El perro que buscaba estrellas" no 2º curso.
-"La verdadera historia de Caperucita Erre" no 6º curso.
O día 29 de febreiro visitounos e realizou dúas sesións independentes para cada curso.
Grazas a este encontro puidemos conversar con el e coñecelo máis polo miúdo, saber como son os seus libros, o moito que lle gustan os contos clásicos(sobre todo Carapuchiña vermella e O soldadiño de Chumbo) e o moito que desfruta creando ou reinventando personaxes e historias.Tamén soubemos que é profesor de matemáticas pero agora pode adicarse por completo a facer o que máis lle prace: escribir!
A charla foi moi amena, logo respondeu á morea de preguntas dos rapaces e rapazas e tamén adicou un tempo para asinar algúns exemplares dos seus libros.Ah! e o alumnado de 2º A regaloulle un álbum ilustrado moi orixinal, froito de "remexer" as historias dos dous libros que leron e titulárono"Lu Szhu e o seu can"
Este é o enlace da súa páxina web para quen queira ter máis info sobre a súa biografía, premios e un proxecto moi especial no que colabora co pobo saharaui.
VISITA DE RICARDO GÓMEZ on PhotoPeach

domingo, 4 de marzo de 2012
I FEIRA DO LIBRO E O XOGUETE USADO
Esta feira foi realizada durante xaneiro e febrero e resultou todo un éxito. Os xoguetes e libros de segunda man podían adquirirse con “ratouros”. Este ratouros conseguíanse respondendo ás cuestión do mural da Celebración do Centenario de Álvaro Cunqueiro ou ben falando en galego no cole.
Ademáis a todo o alumnado que falou galego en diferentes situacións e contextos (nos corredores, no comedor, durante as clases, no patio…) concedíaselle o privilexio de pertencer ao “PASEO DA FALA”, ao máis puro estilo Hollywood Boulevard”.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)