domingo, 16 de junio de 2013

ENCONTRO CON OLI

O alumnado de 2ºA viviu con moitísima expectación o encontro con Oli o 29 de maio, pois era a primeira vez que lles visitaba un escritor. Falaron sobre "Leocadio o león" pero tamén participaron nun achegamento a outros libros como "Artur" e "Once damas atrevidas".Por certo,Oli encomendoulles a misión de averiguar o significado da palabra de orixe xitana "chaborrá" e ao día seguinte Elías descubriu que significaba "muchacho".Alex púxose moi contento cando lles ensinou un ovo pintado a man que Oli trouxera de Moldavia, porque lembrouse do seu país,Rumanía. Finalmente, as dedicatorias nos seus libros e unha foto con Oli, para non esquecer este día tan especial!


martes, 11 de junio de 2013

lunes, 27 de mayo de 2013

IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR 2013

Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio o Auditorio Municipal do Concello de Vigo, albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno. O noso alumnado de 6ºB participará con "Restaurante Farruco" o mércores 28 de maio ás 10:50 horas. 

lunes, 6 de mayo de 2013

ABRIL: MES DO LIBRO

Para a celebración do Mes do Libro as aulas de Infantil ilustraron a vida de Andersen en cómic e crearon debuxos moi chulos baseados nos seus contos máis coñecidos.


Por outra banda, os cursos de 5º A, 6ºA e 6º B fixeron xornadas de contacontos para todo Infantil a partir de contos de Andersen e regaláronlle aos máis cativos uns marcapáxinas feitos por eles.
Aquí tedes " O traxe novo do emperador", conto elixido por 5º A e interpretado coa técnica do teatro "kamishibai". Tivo moitísimo éxito!Noraboa!


O alumnado de 6ºB convidou a súa aula ao alumnado de 5 anos para contarlles contos tanto a través da pizarra dixital como ao xeito tradicional.
Durante esa semana tamén fixeron a mesma actividade para o resto das aulas de infantil.
 

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

O pasado 29 de abril o alumnado de 6ºB tivo o pracer de coñecer a Fran Alonso, autor de "O brillo dos elefantes", libro elixido en galego dentro das recomendacións de lectura para este ano no marco do Plan Lector. A conversa co propio autor serviulles para desentrañar a profundidade da historia, unha historia de denuncia social que realmente emociona.O libro foi finalista do Premio Raíña Lupa.



domingo, 5 de mayo de 2013

ENCONTRO CON FINA CASALDERREY

6º B e 2º B compartiron o encontro, despois de ter lido "O misterio do faro vello" e "Quen me quere adoptar" respectivamente. 

Na visita do 18 de abril,os nenos e nenas de 2º B e Viqui, a súa titora, fixéronlle unha petición...!

Que non rouben de ti
o tempo de repouso 
que precisas para...
seguir no pucheiro
e na preparación
dos contos con maxia
que consiguen EMOCIÓNS!

Moitas grazas, Fina...
1º Por escribir para nenos/as
2º Por coidar con aloumiños o galego,
pois é a nosa lingua.
3º Por xogar coas palabras empregando maxia.
4º Por brillar os nosos ollos con 19 bágoas 
cando escoitamos 19 alumnos e alumnas de 2ºB
"Quen me quere adoptar"