jueves, 7 de abril de 2016

ENCONTRO CON SABELA GAGO

Hoxe, os nenos e nenas de 3º de primaria, tivemos a sorte de asistir a unha sesión de contacontos con Sabela Gago, actriz de Sarabela teatro,que entusiasmou ao público asistente coa historia das 3 galiñas que querían ser as máis fermosas do galiñeiro.
Todos participaron activamente e riron sen parar con Sabela que foi quen de facer  voar a imaxinación dos cativos.
GRAZAS SABELA!!!






martes, 5 de abril de 2016

ENCONTRO CON ANA ALONSO

Nestes días recibimos unha visita moi especial no noso cole, a escritora Ana Alonso que compartiu cos nenos e nenas de 5º  uns momentos moi agradables.
Contoulles moitas cousas interesantes sobre o seu oficio de escritora e falaron do libro que estiveron lendo e traballando este curso: "La senda escondida"
 
Ao rematar a visita asinoulles os exemplares que adquiren unha relevancia especial para eles coa firma da autora.
GRAZAS ANA POLA TÚA VISITA!!! 

miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro conmemórase o día da escritora máis importante que tivemos en Galicia, Rosalía de Castro.
Aquí vos quedan algúns recursos para coñecela mellor.

http://rosaliadecastro.org/rosalia/biografia/


http://rosaliadecastro.org/rosalia/obra/

jueves, 17 de diciembre de 2015

PARA LER NO NADAL

Chega o Nadal, un tempo propicio para a lectura e os agasallos  e como sempre, dende a Ratoeira dos Contos, por estas datas, recoméndanse unha serie de libros para que os nenos/as pidan este Nadal a Papá Noel ou aos Reis Magos.
Dexesamos que vos gusten. BO NADAL!!!

martes, 24 de noviembre de 2015

BIBLIOPATIO

Hoxe o equipo de biblioteca coa inestimable colaboración dun grupo de alumnos e alumnas, puxo en marcha o proxecto BIBLIOPATIO. 
Este proxecto pretende achegar o placer da lectura ó recreo e crear novos recunchos de lectura.
Foi todo un éxito, esperamos seguir así.























jueves, 22 de octubre de 2015

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas.
Esta celebración ten como obxectivo principal concienciar a sociedade da importancia da lectura.
Cartaz dia Biblios 2015
A  Asociación Española de Amigos del Libro Infantil  celebra este día como homenaxe ao labor que desempeñan os bibliotecari@s.
Cada ano  encargase a un escritor e a un ilustrador, a redacción do pregón e el dieseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España.
Este ano o autor seleccionado é Diego ArboledaPremio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruiz Fernández.


martes, 6 de octubre de 2015

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL



A escritora viguesa Ledicia Costas foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil 2015, polo seu libro
 " Escarlatina, a cociñeira defunta".


O xurado premiou a súa obra por ser «unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e jxuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte».

Parabéns Ledicia!

Esta extraordinaria obra está cargada de mensaxes que chegan ao corazón. 
Non deixes de leela, pódela atopar na nosa biblio.