lunes, 24 de junio de 2013
domingo, 16 de junio de 2013
ENCONTRO CON OLI
O alumnado de 2ºA viviu con moitísima expectación o encontro con Oli o 29 de maio, pois era a primeira vez que lles visitaba un escritor. Falaron sobre "Leocadio o león" pero tamén participaron nun achegamento a outros libros como "Artur" e "Once damas atrevidas".Por certo,Oli encomendoulles a misión de averiguar o significado da palabra de orixe xitana "chaborrá" e ao día seguinte Elías descubriu que significaba "muchacho".Alex púxose moi contento cando lles ensinou un ovo pintado a man que Oli trouxera de Moldavia, porque lembrouse do seu país,Rumanía.
Finalmente, as dedicatorias nos seus libros e unha foto con Oli, para non esquecer este día tan especial!
martes, 11 de junio de 2013
ROLF & FLOR - The Pinker Tones con Albert Pla (abuelita).
Un dos libros que recomendamos para o verán dende 3º até 6º.
lunes, 27 de mayo de 2013
IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR 2013
Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio o Auditorio Municipal do Concello de Vigo, albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.
O noso alumnado de 6ºB participará con "Restaurante Farruco" o mércores 28 de maio ás 10:50 horas.
lunes, 6 de mayo de 2013
ABRIL: MES DO LIBRO
Para a celebración do Mes do Libro as aulas de Infantil ilustraron a vida de Andersen en cómic e crearon debuxos moi chulos baseados nos seus contos máis coñecidos.
Por outra banda, os cursos de 5º A, 6ºA e 6º B fixeron xornadas de contacontos para todo Infantil a partir de contos de Andersen e regaláronlle aos máis cativos uns marcapáxinas feitos por eles.
Aquí tedes " O traxe novo do emperador", conto elixido por 5º A e interpretado coa técnica do teatro "kamishibai". Tivo moitísimo éxito!Noraboa!
Por outra banda, os cursos de 5º A, 6ºA e 6º B fixeron xornadas de contacontos para todo Infantil a partir de contos de Andersen e regaláronlle aos máis cativos uns marcapáxinas feitos por eles.
Aquí tedes " O traxe novo do emperador", conto elixido por 5º A e interpretado coa técnica do teatro "kamishibai". Tivo moitísimo éxito!Noraboa!
O alumnado de 6ºB convidou a súa aula ao alumnado de 5 anos para contarlles contos tanto a través da pizarra dixital como ao xeito tradicional.
Durante esa semana tamén fixeron a mesma actividade para o resto das aulas de infantil.
Durante esa semana tamén fixeron a mesma actividade para o resto das aulas de infantil.
ENCONTRO CON FRAN ALONSO
O pasado 29 de abril o alumnado de 6ºB tivo o pracer de coñecer a Fran Alonso, autor de "O brillo dos elefantes", libro elixido en galego dentro das recomendacións de lectura para este ano no marco do Plan Lector. A conversa co propio autor serviulles para desentrañar a profundidade da historia, unha historia de denuncia social que realmente emociona.O libro foi finalista do Premio Raíña Lupa.
domingo, 5 de mayo de 2013
ENCONTRO CON FINA CASALDERREY
6º B e 2º B compartiron o encontro, despois de ter lido "O misterio do faro vello" e "Quen me quere adoptar" respectivamente.
Na visita do 18 de abril,os nenos e nenas de 2º B e Viqui, a súa titora, fixéronlle unha petición...!
Que non rouben de ti
o tempo de repouso
que precisas para...
seguir no pucheiro
e na preparación
dos contos con maxia
que consiguen EMOCIÓNS!
Moitas grazas, Fina...
1º Por escribir para nenos/as
2º Por coidar con aloumiños o galego,
pois é a nosa lingua.
3º Por xogar coas palabras empregando maxia.
4º Por brillar os nosos ollos con 19 bágoas
cando escoitamos 19 alumnos e alumnas de 2ºB
"Quen me quere adoptar"
Moitas grazas, Fina...
1º Por escribir para nenos/as
2º Por coidar con aloumiños o galego,
pois é a nosa lingua.
3º Por xogar coas palabras empregando maxia.
4º Por brillar os nosos ollos con 19 bágoas
cando escoitamos 19 alumnos e alumnas de 2ºB
"Quen me quere adoptar"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


