Chega o Nadal, un tempo propicio para a lectura e os agasallos e como sempre, dende a Ratoeira dos Contos, por estas datas, recoméndanse unha serie de libros para que os nenos/as pidan este Nadal a Papá Noel ou aos Reis Magos.
Dexesamos que vos gusten. BO NADAL!!!
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas.
Esta celebración ten como obxectivo principal concienciar a sociedade da importancia da lectura. A Asociación Española de Amigos del Libro Infantil celebra este día como homenaxe ao labor que desempeñan os bibliotecari@s. Cada ano encargase a un escritor e a un ilustrador, a redacción do pregón e el dieseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España. Este ano o autor seleccionado é Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruiz Fernández.
A escritora viguesa Ledicia Costas foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil 2015, polo seu libro " Escarlatina, a cociñeira defunta".
O xurado premiou a súa obra por ser «unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e jxuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte».
Parabéns Ledicia!
Esta extraordinaria obra está cargada de mensaxes que chegan ao corazón.
Non deixes de leela, pódela atopar na nosa biblio.
Dende a Ratoeira dos Contos, queremos darvos a benvida a este novo curso que comeza. O equipo da biblioteca está a traballar para que a nosa biblioteca esté a punto. Para elo estamos reorganizando espazos, rexistrando e etiquetando libros novos e realizando un expurgo cos libros estragados para dar cabida aos novos, actualizando os carnés dos novos lectores...En fin, unha tarefa complexa na que estamos inmersos. Pero pronto teremos a biblioteca preparada.
Ánimo e adiante!!!
Bo curso a todos!!!
"Onde hai patrón, non manda mariñeiro", "as estrelas a brillar, mariñeiro para o mar", "en xaneiro, a faneca sabe a carneiro", "o que queira peixe que molle o cú"... son algúns dos ditos e refráns da nosa cultura mariñeira que plasmaron os nenos e nenas do cole neste mural.
O 8 de xuño foi declarado Día Mundial dos Océanos pola ONU para lembrarnos a importancia de conservar os nosos océanos. Este ano o lema é: "Océanos sans, planeta san"
Este ano é especialmente significativo este día, por estar moi relacionado co Plan Proxecta que estamos a desenvolver no colexio. É moi importante comer peixe fresco, para iso témonos que concienciar da importancia de manter o medio mariño san.e garantir así a súa sostenibilidade.
Coincidindo con esta cita , dende google quixeron facer una pequena homenaxe aos océanos e traballaron para ofrecer estas incribles vistas mariñas.
Con tan só un clik poderemos nadar con: tartarugas, peixes baleas e todo tipo de criaturas mariñas.
Recordade que xuntos podemos protexer o océano que ben merece a pena.
Os alumnos de 6º do colexio fixeron unha interpretación da BSO da película de TITANIC na aula de música para rendirlle tributo aos nosos océanos e lembrar que tanto nos dan pero tamén tanto nos quitan, por iso nunca debemos perderlles o respeto.