Durante a derradeira semana antes das vacacións de Nadal, os dous cursos de 6º de primaria e a súa mestra de inglés, Elvira, quixeron agasallarnos con esta divertida obra en inglés realizando dous pases independentes para os máis cativos e cativas do cole.
Trata sobre un pousadeiro ao que ninguén lle deixa durmir certa noite...
domingo, 26 de diciembre de 2010
jueves, 23 de diciembre de 2010
O APALPADOR ANIMANDO Á LECTURA
O 22 de decembro visitounos o apalpador en persoa e non quixo desaproveitar a oportunidade de visitar a biblioteca para disfrutar dun tempo de lectura antes de facer o tradicional percorrido por todas as aulas xunto cos Reis Magos para saudarvos a todos e a todas e desexarvos boas festas.Graciñas e ata o vindeiro ano!
Tamén quere compartir con nós a súa historia para coñecelo máis polo miúdo e para dar a despedida, como é moi parrandeiro, adicounos unha canción do grupo de música Chouteira que esta incluida no album "Cantigas de Nadal" e titúlase "O Cometido".
Máis recursos sobre o Apalpador dende a estupenda web da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüistica
Tamén quere compartir con nós a súa historia para coñecelo máis polo miúdo e para dar a despedida, como é moi parrandeiro, adicounos unha canción do grupo de música Chouteira que esta incluida no album "Cantigas de Nadal" e titúlase "O Cometido".
Máis recursos sobre o Apalpador dende a estupenda web da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüistica
miércoles, 22 de diciembre de 2010
CARTA DO RATO POR NADAL
domingo, 19 de diciembre de 2010
ARUME XOGAL
Presentamos un xogo de mesa (tipo Trivial) de preguntas e respostas dedicado a Galicia, á súa historia, cultura, territorio e lingua.
Redactado integramente en galego.Se che interesa adquirilo, preme na imaxe.
sábado, 18 de diciembre de 2010
UN BO REGALO? UN LIBRO
O rato ofrécevos para estas datas posibilidades de lectura moi atractivas para todas e todos vós, tendo en conta a vosa idade e características lectoras.
Consultade as recomendacións en literatura, libros de consulta, música...
Non esquezades aproveitar este período vacacional para facer actividades entretidas e estimulantes tipo sopas de letras, manualidades,encrucillados,sudokus, xogos de mesa...que tamén contribúen ao desenvolvemento da intelixencia dun xeito ameno e sobre todo... o máis importante... é compartir esas lecturas e xogos en familia!
Non esquezades aproveitar este período vacacional para facer actividades entretidas e estimulantes tipo sopas de letras, manualidades,encrucillados,sudokus, xogos de mesa...que tamén contribúen ao desenvolvemento da intelixencia dun xeito ameno e sobre todo... o máis importante... é compartir esas lecturas e xogos en familia!
Feliz Aninovo 2011 e Felices Lecturas!
jueves, 16 de diciembre de 2010
AS MOCHILAS XA ESTÁN A VIAXAR
As “MOCHILAS VIAXEIRAS” van un ano máis ás casas do alumnado de primaria para que gocedes dos materiais que escollemos para que poidades compartir en familia unha viaxe polo mundo dos libros e as bibliotecas.
Os materiais incluídos están pensados para que sexan do agrado de todos e todas vós e confiamos en que poidamos conseguir as obxectivos para os que foi deseñada:-Toma de conciencia da importancia que ten a familia no fomento da lectura.
-Coñecer e valorar os diferentes tipos de lectura: libros de ficción, cómics, libros de arte, de natureza…
-Descubrir “outros xeitos de ler”, na linguaxe da música e dos audiovisuais.
Xunto cos materiais mandamos tamén o “CADERNO VIAXEIRO” para que cada familia aporte as súas impresións ou suxestións sobre a actividade, o material, o libro que máis lles gustou... ou incluso algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento. En fin, o que queirades.
Esperamos a vosa colaboración!
BOAS LECTURAS!!!
domingo, 12 de diciembre de 2010
BOSQUE AMEAZADO NADA ENCANTADO
Tres anos de historia teñen os premios Árbore e Bosque do Ano e tres veces o galardón na categoría de Bosque Ameazado veu parar a Galicia. A ONG Bosques sin Fronteras decidiu este ano que esta distinción debe ser para o Souto de Santa Eufemia, no Courel, minguado por unha canteira.Se queres ler máis, preme aquí
Souto de Santa Eufemia |
LIBROS NA BASURA
Jose Alberto Gutierrez é un recolector de basura bogotano que alimenta - a través do seu traballo diario - o grande labor da súa vida: crear unha biblioteca con libros que atopa na basura.
CAMPAÑA DE TEATRO EN INGLÉS PARA ESCOLARES
O Servizo de Educación do Concello de Vigo prantexa no marco do Programa Educativo Municipal “AULAS INTERNACIONAIS”, unha nova edición da iniciativa didáctica “VIGO ACTIVITIES 2010-2011″ coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.
O 13 de decembro a compañía de teatro CLEVER PANTS representou para o alumnado de 4º, 5º e 6º curso "Midnight madness"e o día 17 desplazámonos a Bembrive para ver a peza teatral "Snowgirl", que a compañía GLOBALPROJECT representou para 3º curso.
jueves, 25 de noviembre de 2010
NOVAS DE ÚLTIMA HORA
Esta fin de semana achegádevos a CULTURGAL en Pontevedra:Exposicións, faladoiros con escritores...Visitade a páxina web para máis información.
Estamos na SEMANA DA CIENCIA 2010 e dende a biblioteca propomos un EXPERIMENTO.Quen quere experimentar sobre o mundo vexetal?Anotádevos porque hai que comprar material!
Por último, unha ADIVIÑA ARBÓREA.A resposta escrita nunha folla que debuxes e deseñes ti na casa coa túa familia.A folla vestirá a árbore medio espida da entrada.Así que a lucirse.Velaí vai...
CAMPAÑA "LEVA UN POEMA A CASA"
Empezamos unha nova actividade destinada ao alumnado e ás familias que consiste en levar libremente un poema e , se queredes, traelo de volta ilustrado.Animádevos a participar!Os poemas están á vosa disposición nestas caixas á entrada da biblio.
UNHA ÁRBORE ESPECIAL
Este ano a ONG "Bosques sen fronteiras" entrega o premio "Árbore Xigante" ao eucalipto centenario chamado o "avó de Chavín".
Este exemplar de "Eucaliptus Glóbulus" foi recoñecido desta forma como o exemplar máis alto de España, pero e que cos seus 70 metros de altura, é ademais unha das árbores máis altas de Europa.
Esta fantástica árbore foi plantada no ano 1880, por iso recibe o nome de avó, porque é a árbore máis anciá do lugar.
O "avó de Chavín" encóntrase situado a beira do río Landro, no chamado Souto da Retorta; este Souto pertencente a parroquia de Chavín encóntrase dentro da comarca lucense de Viveiro.
Se queredes saber máis, aquí tedes un vídeo sobre esta estupenda árbore.
Galicia non só recibiu este premio por parte da ONG, tamén conseguiu galardóns na categoría de exemplar emblemático, ameazado, lonxevo e xigante. Destacar a distinción feita pola ONG como Bosque Ameazado ao "Souto de Santa Eufemia", no Courel, ao que adicaremos unha entrada a parte no blogue.
jueves, 11 de noviembre de 2010
martes, 9 de noviembre de 2010
TEATRO LIDO"INDO PARA O SAMAÍN"
O venres día 5 de novembro celebramos a maxia do SAMAÍN.As titoras de 5ºA e 5º B de primaria animaron ao seu alumnado a facer unha representación de teatro lido para o alumnado do 1º ciclo, a partires do conto "INDO PARA O SAMAÍN" de Carlos e Sabela Labraña que relata a historia de 3 rapaces que andan á procura de cabazas coas que poder facer terroríficas caveiras para a noite do Samaín.
Cartel da representación |
viernes, 5 de noviembre de 2010
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA
Agasallamos a todo aquel que se deixou caer pola biblio, noces pintadas de dourado envoltas nun poemiña, un "petisco literario"como din algúns por aí...
jueves, 28 de octubre de 2010
A COUSA MARCHA...
Xa temos os contos contados,as saídas de San Roque realizadas e os Cadernos de Campo cubertos.Aí vai unha pequena mostra.Por certo, se queredes ollar os cadernos ou imprimilos pinchade na portada.
VISITA A SAN ROQUE on PhotoPeach
CONTACONTOS NA RATOEIRA on PhotoPeach
jueves, 7 de octubre de 2010
XA CHEGOU A 1ª CARTA DO RATO!
miércoles, 6 de octubre de 2010
CALES SON OS LIBROS QUE VOS GUSTAN?
Esta entrada do blog da biblioteca do CEIP A Doblada é para vós, aquí ides poñer os libros que máis vos gustasen para compartilos cos vosos compañeiros e compañeiras e que así, eles tamén poidan disfrutalos.
martes, 5 de octubre de 2010
BIBLIOTECA ESCOLAR : UN "MUNDO" DE OPORTUNIDADES
viernes, 1 de octubre de 2010
BENVIDA!
Este é o blogue da biblioteca do CEIP A Doblada. É o noso segundo curso no PLAMBE(Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e o terceiro traballado xuntos por proxectos.
Despois de ver moito mundo o ano pasado, decidimos quedarnos no barrio dos paxaros onde está a nosa escola.O título do proxecto é por iso...
"O bosque encantado do barrio dos paxaros":
Internarémonos no bosque para estudiarmos todo sobre as nosas árbores e os bosques; os animais e as criaturas fantásticas que os poboan; fixarémonos nas pegadas que deixa a historia nos nosos montes investigando sobre as mámoas e os petroglifos; observaremos como a foresta muda a flora e a fauna ao longo do ano.
Contarannos e contaremos contos clásicos e actuais en castelán, en inglés e en galego no que o bosque é máis ca un escenario; faremos visitas guiadas e cubriremos cadernos de campo; realizaremos planos, falaremos en mesas redondas, prepararemos debates; faremos teatro... e deixaremos sinais neste blogue rompendo unha poliña cunha entrada...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)