O 22 de decembro visitounos o
apalpador en persoa e non quixo desaproveitar a oportunidade de visitar a biblioteca para disfrutar dun tempo de lectura antes de facer o tradicional percorrido por todas as aulas xunto cos Reis Magos para saudarvos a todos e a todas e desexarvos boas festas.Graciñas e ata o vindeiro ano!

Tamén quere compartir con nós a súa
historia para coñecelo máis polo miúdo e para dar a despedida, como é moi parrandeiro, adicounos unha canción do grupo de música
Chouteira que esta incluida no album "Cantigas de Nadal" e titúlase "O Cometido".
Máis
recursos sobre o Apalpador dende a estupenda web da
coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüistica