Durante a derradeira semana antes das vacacións de Nadal, os dous cursos de 6º de primaria e a súa mestra de inglés, Elvira, quixeron agasallarnos con esta divertida obra en inglés realizando dous pases independentes para os máis cativos e cativas do cole.
Trata sobre un pousadeiro ao que ninguén lle deixa durmir certa noite...
domingo, 26 de diciembre de 2010
jueves, 23 de diciembre de 2010
O APALPADOR ANIMANDO Á LECTURA
O 22 de decembro visitounos o apalpador en persoa e non quixo desaproveitar a oportunidade de visitar a biblioteca para disfrutar dun tempo de lectura antes de facer o tradicional percorrido por todas as aulas xunto cos Reis Magos para saudarvos a todos e a todas e desexarvos boas festas.Graciñas e ata o vindeiro ano!
Tamén quere compartir con nós a súa historia para coñecelo máis polo miúdo e para dar a despedida, como é moi parrandeiro, adicounos unha canción do grupo de música Chouteira que esta incluida no album "Cantigas de Nadal" e titúlase "O Cometido".
Máis recursos sobre o Apalpador dende a estupenda web da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüistica
Tamén quere compartir con nós a súa historia para coñecelo máis polo miúdo e para dar a despedida, como é moi parrandeiro, adicounos unha canción do grupo de música Chouteira que esta incluida no album "Cantigas de Nadal" e titúlase "O Cometido".
Máis recursos sobre o Apalpador dende a estupenda web da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüistica
miércoles, 22 de diciembre de 2010
CARTA DO RATO POR NADAL
domingo, 19 de diciembre de 2010
ARUME XOGAL
Presentamos un xogo de mesa (tipo Trivial) de preguntas e respostas dedicado a Galicia, á súa historia, cultura, territorio e lingua.
Redactado integramente en galego.Se che interesa adquirilo, preme na imaxe.
sábado, 18 de diciembre de 2010
UN BO REGALO? UN LIBRO
O rato ofrécevos para estas datas posibilidades de lectura moi atractivas para todas e todos vós, tendo en conta a vosa idade e características lectoras.
Consultade as recomendacións en literatura, libros de consulta, música...
Non esquezades aproveitar este período vacacional para facer actividades entretidas e estimulantes tipo sopas de letras, manualidades,encrucillados,sudokus, xogos de mesa...que tamén contribúen ao desenvolvemento da intelixencia dun xeito ameno e sobre todo... o máis importante... é compartir esas lecturas e xogos en familia!
Non esquezades aproveitar este período vacacional para facer actividades entretidas e estimulantes tipo sopas de letras, manualidades,encrucillados,sudokus, xogos de mesa...que tamén contribúen ao desenvolvemento da intelixencia dun xeito ameno e sobre todo... o máis importante... é compartir esas lecturas e xogos en familia!
Feliz Aninovo 2011 e Felices Lecturas!
jueves, 16 de diciembre de 2010
AS MOCHILAS XA ESTÁN A VIAXAR
As “MOCHILAS VIAXEIRAS” van un ano máis ás casas do alumnado de primaria para que gocedes dos materiais que escollemos para que poidades compartir en familia unha viaxe polo mundo dos libros e as bibliotecas.
Os materiais incluídos están pensados para que sexan do agrado de todos e todas vós e confiamos en que poidamos conseguir as obxectivos para os que foi deseñada:-Toma de conciencia da importancia que ten a familia no fomento da lectura.
-Coñecer e valorar os diferentes tipos de lectura: libros de ficción, cómics, libros de arte, de natureza…
-Descubrir “outros xeitos de ler”, na linguaxe da música e dos audiovisuais.
Xunto cos materiais mandamos tamén o “CADERNO VIAXEIRO” para que cada familia aporte as súas impresións ou suxestións sobre a actividade, o material, o libro que máis lles gustou... ou incluso algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento. En fin, o que queirades.
Esperamos a vosa colaboración!
BOAS LECTURAS!!!
domingo, 12 de diciembre de 2010
BOSQUE AMEAZADO NADA ENCANTADO
Tres anos de historia teñen os premios Árbore e Bosque do Ano e tres veces o galardón na categoría de Bosque Ameazado veu parar a Galicia. A ONG Bosques sin Fronteras decidiu este ano que esta distinción debe ser para o Souto de Santa Eufemia, no Courel, minguado por unha canteira.Se queres ler máis, preme aquí
Souto de Santa Eufemia |
LIBROS NA BASURA
Jose Alberto Gutierrez é un recolector de basura bogotano que alimenta - a través do seu traballo diario - o grande labor da súa vida: crear unha biblioteca con libros que atopa na basura.
CAMPAÑA DE TEATRO EN INGLÉS PARA ESCOLARES
O Servizo de Educación do Concello de Vigo prantexa no marco do Programa Educativo Municipal “AULAS INTERNACIONAIS”, unha nova edición da iniciativa didáctica “VIGO ACTIVITIES 2010-2011″ coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.
O 13 de decembro a compañía de teatro CLEVER PANTS representou para o alumnado de 4º, 5º e 6º curso "Midnight madness"e o día 17 desplazámonos a Bembrive para ver a peza teatral "Snowgirl", que a compañía GLOBALPROJECT representou para 3º curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)