Tal e como vos informou na carta o rato,a árbore que converteu a Bruxa Poucasmigas Malababa en Bonsai de Oliveira está xa sendo coidada nas aulas de infantil e primaria.Se a túa clase participa nesta misión, permanecede alerta pois proximamente a teredes baixo a vosa supervisión.Non esquezades seguir as instrucións do seu coidado.Os bonsais son delicados e precisan dunhas atencións especiais...Por todos e todas é sabido o beneficioso que é a música para as plantas, que estimula o seu crecemento entre outras cousas.
As plantas, como todo ser vivo, estrésase, reláxase, come, reprodúcese e morre.Non escoitarán a música pero si que senten as súas vibracións.Tanto ten...a cuestión é que saben cando son coidadas e cando non, así que aí vai un pouco de música para un coidado extra do noso bonsai, que non se diga que non o mimamos.O tema, popular portugués, titúlase "Ó, que linda rama" e fai referencia á árbore da oliveira.
Unha versión para os máis pequechos e pequechas...
Unha versión en karaoke para que practiquedes,aínda que o arranxo non soa de todo apatecible...
O coñecido grupo Malvela tamén ten incluída esta canción no traballo "que o pano non me namora" e dispoñemos na biblioteca doutra versión no cd de "Meniños Cantores" (pista nº 5).