lunes, 21 de marzo de 2011

COÑECENDO PETRÓGLIFOS CON XOSÉ LOIS VILAR

O Instituto de Estudos Miñoranos, no marco dos seus proxectos pedagóxicos,participou no noso proxecto "O bosque encantado do barrio dos paxaros" para falarnos nas pegadas que deixa a historia nos nosos montes.
O IEM é un grupo de xente que traballa para que a nosa terra sexa máis nosa, máis coñecida, máis respectada e valorada por todos.A defensa do patrimonio histórico centra algunhas das súas principais actividades: visitas a conxuntos de arte rupestre, musealización de conxuntos de petróglifos como o de Outeiro dos Lameiros en Sabarís...non dubidedes en visitar a súa páxina web para coñecelos mellor.
Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo baionés e membro do IEM foi o noso guía ao longo de dúas horas de exposición-conferencia, que se pasaron voando para todo segundo ciclo e terceiro ciclo e tivo lugar o 3 de marzo.
Aprendimos que os petróglifos(= pedras gravadas) de Galicia teñen uns catro mil anos, case nada..., e que aínda que non estean dentro dun museo son obras de arte e hai que respectalos igual.
Ademais distinguimos arte figurada ou naturalista (animais, persoas...) de arte abstracta ou xeométrica (coviñas, espirais,labirintos,reticulados...) e falounos de mámoas( ou madorra, medoña,antela,dolmen,namela, casa dos mouros... e así ata máis de 40 sinónimos!)Amosounos como fan traballos de investigación en excavacións, que aparellos empregan (como o marcado non dañino de petróglifos con talco, o medidor a escada ou referente métrico...) e analizamos exemplos significativos de petróglifos de Galicia; por nomear un, no Monte do Galiñeiro en Gondomar consérvase en pedras inclinadas o mellor petróglifo de armas de toda Europa!!
Logo de rematada a charla, o alumnado fixo un divertido xogo para comprobar o aprendido, que como vedes non foi pouco!

APRENDEMOS SOBRE PETRÓGLIFOS CON XOSÉ LOIS VILAR on PhotoPeach


Aquí tedes algúns exemplos de petróglifos para consultar...

No hay comentarios: