Esta é unha mostra da Exposición que hai actualmente no cole con todos os traballos artísticos elaborados ao longo do curso e inspirados no bosque utilizando moi diversas técnicas.Os artífices destas orixinais obras de arte son o alumnado do 2º ciclo.Noraboa!
viernes, 29 de abril de 2011
ARTE INSPIRADA NO BOSQUE
miércoles, 27 de abril de 2011
VISITA DE FRANCISCO CASTRO
VISITA DE FRANCISCO CASTRO on PhotoPeach
martes, 26 de abril de 2011
INICIO DA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA "CONTARTE" 2011
O Servizo de Educación do Concello de Vigo pon en marcha dende o día 24 de marzo ata o 29 de abril ( mes que conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil) a campaña Contarte 2011 coa que se pretende achegar aos nenos e nenas ao mundo da arte dun xeito lúdico e diferente a través do álbum ilustrado e incidir así no fomento do hábito lector entre os máis cativos.
En colaboración con OQO Editora, con ampla e recoñecida traxectoria en actividades de dinamización pedagóxica de animación á lectura, durante este período realizaranse obradoiros especialmente deseñados para traballar á lectura do conto coma un espacio de achega á literatura, a interculturalidade e á creación artística.
Prevese a participación neste programa lector, formativo e de entretemento de máis de 2.600 alumnos e alumnas de educación Primaria de 22 centros escolares de Vigo aos que, con estas actividades, se tentará promover o desenvolvemento do seu espírito crítico e ofrecerlle medios para aprender novas formas de mirar.

VISITA DE PEPE MAESTRO
VISITA DE PEPE MAESTRO on PhotoPeach
miércoles, 20 de abril de 2011
INTERTEATRO:VISITA DO NOSO COLE AO CEIP E.P. BAZÁN
Comezamos coas xornadas de Interteatro o 7 de abril represenando "O Gruffalo" no Chouzo,aquí tedes unha boa mostra,cortesía de Oscar, que documentou fotograficamente a obra ademais de participar nela.
martes, 19 de abril de 2011
XURADO PREMIO ÁLBUM ILUSTRADO PELES GUEDELLAS
Xa sabemos quen será o xurado do I Premio de Álbum Ilustrado da libraría Peles Guedellas de Vigo ao que presentamos oito exemplares de libros cartoneiros feitos polo alumnado de 5º:
O escritor e ilustrador Ramón Trigo, un dos grandes nomes do álbum ilustrado en España, premiado varias veces e autor dos inconfundibles, Eu vivía na fin do mundo, As luces que se acenden e se apagan e O burato do inferno, entre outros; a presidenta de ANILIJ, coordinadora de LIJMI e unha das grandes especialistas en Literatura Infantil, Blanca-Ana Roig, catedrática na USC; José Rodal, Carpenter, poeta e pintor, autor de varias exposicións en Vigo, Betanzos e Ourense, Rosa Lorenzo, bibliotecaria da Escola Universitaria de Maxisterio, filóloga e amante do álbum ilustrado e Alexia Dotras.

lunes, 18 de abril de 2011
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Alumnos e alumnas da Doblada! ¡Mestres e mestras! ¡Pais, nais, avós, tíos, irmáns, curmáns, curmás! Tartarugas, paxaros, píntegas, peixes, vermes, sapoconchos, carricantas e calquera ser vivo desta escola!
Chegou o día do libro! Sí, pero é o día de todos os libros. De calquiera.Tanto ten que sexa grande, pequeno, enrrugado,con son ou en branco e negro; que fale de animais, de seres fantásticos; que explique as marabillas das selvas ou da escuridade do fondo mariño; que o empregues para que a mesa non coxee ou que o poñas de adorno no salón. Tanto ten.É o día de calqueira libro. É o Día do Libro. Dos que che fan chorar da risa, dos que che fan tremer do miedo, dos que se len cunha lanterna debaixo da manta. Tamén é o día deses.Até é o día dos libros mutilados, dos que teñen pintadas ou mordidas algunas das páxinas.
Tanto ten! ¡É o día do libro! Dos antigos e dos novos,e até dos que aínda non están escritos agás nun corazón.
É o día del libro! Felicidades libro! Querémoste libro!
Con estas ACTIVIDADES vas descubrir por que se celebra este día e non outro...Ti sábelo?
Segue as pistas... e resolverás o enigma.¡Anímate a investigar e un bo Sherlock Holmes serás!
E lembra sempre este sabio provervio hindú:
Os máis cativos podedes ver esta animación tan chula que aconteceu xusto o Día do Libro:

Texto traducido de El Cuentero

sábado, 16 de abril de 2011
LIBROS CARTONEIROS
QUE É UN LIBRO CARTONEIRO?
Pois un libro feito a partir de fotocopias e cartón reciclado para as gardas.
Unha iniciativa que xurdiu en latinoamérica no 2003, concretamente na Arxentina coma un proxecto editorial, artístico, social e comunitario sen ánimo de lucro.As editoriais cartoneras conseguen editar libros de moi baixo custe que se difunden logo na rúa a precios accesibles para a poboación. Publican material inédito porque cada un dos libros é único!
Eloisa Cartonera foi a primeira.Tras o modelo de Eloisa, fundada por Santiago Vega (Washington Cucurto) e Javier Barilaro, xurdiron iniciativas semellantes por toda América Latina: Sarita Cartonera en Lima; Animita Cartonera, en Santiago de Chile; Lupita Cartonera en Cidade de México e Yerba Mala, en Bolivia.Agora chegan á Doblada da man dos seus alumnos que quixeron fabricar os seus propios libros cartoneiros inspirándose neste proxecto tan singular.Algúns animáronse a contarllos aos máis cativos nunha sesión na biblioteca.
LIBROS CARTONEIROS on PhotoPeach
Para saber más:
www.eloisacartonera.com.ar
www.colectivo7.com
www.saritacartonera.com
www.animita-cartonera.cl
www.yerbamalacartonera.blogspot.com
www.lacentral.com/agenda?evento=9531&idm=1
INTERTEATRO:VISITA DO CEIP LOPE DE VEGA
Hoxe 13 de abril tocoulles ao alumnado do CEIP Lope de Vega, que representaron para 3º,4º e 5º curso "A outra historia de Carapuchiña Vermella", unha versión de creación propia totalmente diferente deste clásico na que rompen todos os tópicos dos seus personaxes.Encantounos!
INTERTEATRO:CEIP LOPE DE VEGA on PhotoPeach

INTERTEATRO:VISITA DO CEIP E.P. BAZÁN
Continuan as xornadas teatrais no marco do Programa de Teatro Escolar Intercentros do Concello de Vigo.O 12 de abril o centro visitante foi o CEIP Emilia Pardo Bazán coa representación da obra "Parque enfermo" para o alumnado de 5 anos e de 1º ciclo, unha adaptación do libro de Damián Cañas.Finalizada a obra houbo moitos aplausos, entrega de diplomas e unhas merecidas larpeiradas.
INTERTEATRO:CEIP E.P.BAZÁN on PhotoPeach
Sinopse: As árbores do parque están cada vez máis enfermas.Cloe, a xardineira, está moi preocupada porque non sabe que facer para que o parque volva a estar sán.¿Cal será a menciña para salvalo?.

sábado, 9 de abril de 2011
II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR 2011
O vindeiro 4 de abril empezaron as II Xornadas de teatro escolar 2011 no Auditorio da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo(ESAD).Organizadas polo Concello de Vigo e a Escola Municipal de Teatro de Vigo para contribuir á dinamización das ensinanzas teatrais no ámbito da educación.O noso cole xa participara o ano pasado e gustoulle tanto a experiencia que repetiu...
Acudimos o 5 de abril para interpretar "The Gruffalo" acompañados polo alumnado de 5º que foi en calidade de público e compartimos escenario co CEIP Carrasqueira e o CEIP Pintor Laxeiro.

En “The Gruffalo” o rato alardea de ser a criatura máis forte, temíbel e lista do bosque. Atópase varis animais do bosque que o queren papar. Rexeita o convite dicindo que quedara co Gruffalo ó que describe coma unha criatura temíbel. Finalmente cando cre telos burlados a todos aparéceselle o Gruffalo, ó que tamén escorrenta.
GRACIÑAS E NORABOA POLO ESFORZO E COLABORACIÓN DE TODOS/AS OS IMPLICADOS/AS!
EXPO-CONFERENCIA SOBRE PETRÓGLIFOS
Uns días antes da xenial visita do arqueólogo Xosé Lois Vilar,algúns nenos e nenas de 5º cursos prestáronse voluntarios para preparar unha exposición-conferencia sobre petróglifos coa axuda das súas titoras.Logo de elaborar unha presentación para a Pizarra Dixital con todo o material,os nenos e nenas de 1º ciclo,achegáronse á súa aula para escoitalos e ver os seus traballos.
Para a preparación da conferencia documentáronse cun DVD titulado "Petróglifos: testemuñas do tempo" de Federico de la Peña Santos e unha Unidade Didáctica do Concello de Vigo sobre xacementos arqueolóxicos existentes na cidade, ademais de visitar varias páxinas web.
Noraboa a todos e todas os participantes!

CHEGA O "ABRILIBRO"
Lede na seguinte carta, que proximamente recibiredes nas aulas, a misión que o rato ten preparada para festexar o "ABRILIBRO" deste curso:
I PREMIO PARA NEN@S DE ÁLBUM ILUSTRADO “PELES GUEDELLAS”
Animádevos a participar neste concurso que propón esta libraría de Vigo situada na rúa Doctor Cadaval.
Estas son as bases:
1. Os participantes serán nenos e nenas entre 5 e 12 anos.
2. Establécense dúas categorías. A primeira de 5 a 8 anos e a segunda de 9 a 12.
3. A lingua do texto será castelán ou galego.
4. Cada participante puede presentar una obra como máximo. Presentaraa baixo pseudónimo, acompañado dun sobre pechado cos seus datos (nome, teléfono de contacto).
5. O formato da obra é o álbum ilustrado, é dicir, unha obra que conte unha historia con palabras e con imaxes, complementándose ambas, sendo mesmo posible que consista só en imaxe.
6. O soporte do libro será o papel en calquera das súas modalidades, cunha extensión non inferior a dez páxinas e non superior a trinta e dúas, con medidas libres.
7. Valorarase a creatividade, o detalle, a encadernación, a plasticidade, a forza da historia e a liberdade do nen@ para crear.
8. O xurado estará composto por cinco personas relacionadas co mundo do álbum ilustrado e a librería Peles Guedellas.
9. O prazo de entrega límite é o venres 22 de abril, ata as 20h.
10. O premio fallarase o sábado 30 de abril na librería Peles Guedellas ás 19h. no contexto da festa de celebración polo primeiro aniversario da librería. É indispensable que o autor ou autora asista ao acto para que se lle conceda o premio.
11. O premio consistirá en dous lotes de libros valorados en 60€ cada un, para cada unha das categorías. Entregaranse ademáis tres accésits por categoría (ao máis creativo, ao máis emotivo e ao máis colorido).
12. Más información: 886 131539 ou
libreriapelesguedellas@hotmail.com

domingo, 3 de abril de 2011
27 de marzo:FELIZ DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2011!
Na nosa cidade existen representacións teatrais para todos os públicos, por iso neste día,animámosvos a disfrutar das artes escénicas!
Como aperitivo da Xira de Interteatro deste ano,aí va unha pequena mostra dos ensaios do "GRUFFALO" antes da súa estrea.

KALANDRAKA CONTA CONTOS A TODO INFANTIL
O pasado venres 1 de abril,o alumnado de infantil acudiu á biblioteca do cole para facer maxia cos poderes que lle concederon as contacontos da libraría Kalandraka contos para soñar,en dúas sesións moi especiais na que deron vida con palabras e música de acordeón a contos como "O Gato Guille","Bailar nas Nubes" e "Pequena Lúa" entre outros.Seguro que cando volvan toparse con estes contos na biblioteca se lles debuxará na faciana a mesma expresión de emoción que capturaron as fotos, e se a lectura emociona, sinal de que estanse a xestar futuros lectores.
Ah! e se os vosos fillos e fillas quedaron con ganas de máis historias, esta libraría ubicada no casco vello de Vigo organiza contacontos gratuítos os venres pola tarde.Consultade o horario das mesmas no seu blog e animádevos,caramba!
CONTACONTOS KALANDRAKA on PhotoPeach
CONTACONTOS KALANDRAKA continuación... on PhotoPeach

Suscribirse a:
Entradas (Atom)