Xa sabemos quen será o xurado do I Premio de Álbum Ilustrado da libraría Peles Guedellas de Vigo ao que presentamos oito exemplares de libros cartoneiros feitos polo alumnado de 5º:
O escritor e ilustrador Ramón Trigo, un dos grandes nomes do álbum ilustrado en España, premiado varias veces e autor dos inconfundibles, Eu vivía na fin do mundo, As luces que se acenden e se apagan e O burato do inferno, entre outros; a presidenta de ANILIJ, coordinadora de LIJMI e unha das grandes especialistas en Literatura Infantil, Blanca-Ana Roig, catedrática na USC; José Rodal, Carpenter, poeta e pintor, autor de varias exposicións en Vigo, Betanzos e Ourense, Rosa Lorenzo, bibliotecaria da Escola Universitaria de Maxisterio, filóloga e amante do álbum ilustrado e Alexia Dotras.