domingo, 13 de mayo de 2012

CEIP CANICOUVA DE INTERTEATRO NO COLE

O luns 7 de maio o CEIP Canicouva representou no noso cole " Ke-tumba, ke-tamba" unha adaptación teatral do libro de Xerardo Quintiá feita por Chus Pereira.Noraboa!Divertímonos un montón coa tribu dos Tarambainas,salvaxemente salvaxes...

PARTICIPACIÓN NAS III XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

O xoves 10 de maio chegounos a hora de actuar! Compartimos escenario co CEIP Carballal-Cabral, coa Escola Municipal de Teatro e co CEIP Frián-Teis e convidamos a familiares e aos compañeiros e compañeiras de 5ºA e ao seu titor Marcos.Graciñas pola vosa presenza e polos aplausos recibidos! 



 

ENCONTRO CON OLALLA GONZÁLEZ E MARK TAEGER

O alumnado de 5 anos tivo unha visita moi especial o 3 de maio: Olalla Gónzalez, adaptadora dos títulos de Kalandraka Chibós chibóns e Garavanciño e Mark Taeger, ilustrador de A verdadeira historia de carapuchiña, Aquiles o puntiño, Artur, Tic,Tac e Garavanciño levaron a cabo unha sesión de Contos ilustrados divertidísima onde a palabra, o xesto, a cor e as formas foron da man para dar vida a estes fantásticos contos que acapararon toda a atención das nenas e nenos!

miércoles, 9 de mayo de 2012

DESCUBRINDO OS MUNDOS

Estamos participando no programa para escolares "Descubrindo os mundos", que se está a desenvolver na Biblioteca municipal Xosé Neira Vilas dende finais do mes de abril.
 Cada visita está dirixida por personaxes próximos a algúns dos exploradores máis famosos.Eles encárganse de acompañar e guiar ao alumnado na procura de "pistas" sobre descubrimentos xeográficos que lles "obrigan" a percorrer a biblioteca e familiarizarse cos servizos que oferce dun xeito ameno e atractivo,a ter un maior coñecemento das instalacións, da xestión e organización do fondo documental, etc...
Os contidos e actividades de cada sesión están adaptados aos diferentes niveis educativos.
Un dos aspectos máis interesantes da visita é que entréganlle aos rapaces e rapazas o carné de usuario/a da biblioteca para poder voltar a ela sempre que o desexen e a conciban como un lugar de formación e de lecer.
Estas son as datas nas que estamos realizando as visitas:

12 de abril:1º ciclo
26 de abril:4ºA e 4ºB de primaria.
3 de maio: 3ºA e 3ºB de primaria.
10 de maio:6ºA e 6ºB de primaria.
24 de maio:5ºA e 5ºB de primaria.

 Noraboa á biblioteca pola iniciativa!As visitas están tendo unha resposta moi positiva tanto por parte do alumnado coma do profesorado! Aquí tedes unha mostra da sesión do Primeiro Curso de Primaria, que,axudados pola filla do mariñeiro Rodrigo de Triana, tiveron a "misión" de completar o diario de abordo de Cristóbal Colón coas pistas que lle axudarían a descubrir América.


lunes, 7 de mayo de 2012

COMEZO DA XIRA INTERTEATRO NO CEIP CANICOUVA


III XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

Celebraranse do 7 ao 10 de maio no Auditorio do Concello de Vigo.O noso alumnado de 5ºA actuará o xoves día 10 coa obra "Malos tempos para o detective Malow".


domingo, 6 de mayo de 2012

EXPOSICIÓN DE CASTELAO

Permaneceu case un mes durante o 2º trimestre. Partindo da información dos murais, varias titorías de Primaria realizaron traballos de procura de información e investigación.

miércoles, 2 de mayo de 2012

ARRANCA A XIRA DE INTERTEATRO 2012


O alumnado de 5º A protagonizará a peza teatral "Malos tempos para o detective Malow" de Chus Pereiro.

SINOPSE: O detective Malow, agobiado polas débedas, enfróntase a un caso de secuestro dun fabricante de salchichas.

Este é o reparto de actrices e actores:

Puriña: Elsa Cabaleiro Muñoz
 Malow: Hugo López Castro
 Sra. Verroallo: Eva Estévez Cerviño
Avogado: Pablo Carrera Gil
Caseiro: Sergio Juárez Araujo
Traballador e traballadoras:
Florencia Alonso Barboni
Ángel Álvarez Fernández
Berta Ballesteros González
Marta Dasilva Vidal
Uxía Iglesias Bernabé
Lucía Martínez Furgón
Jessica Rocha Pereira
Lin Chu: Josías Fernández Levrotto
Matóns de Lin Chu:
Andrea Casandra Timpu
José Aaron Crespo Carrera
Chuco Mengano: Sergio Cabaleiro
 TEXTO : Chus Pereiro
MÚSICA: Pablo Novoa

 UNHA MANCHEA DE AGRADECEMENTOS:
 A todas e a todos os que nos axudastes dunha ou doutra maneira.

Estas son as datas:

-4 DE MAIO: "Malos tempos para o detective Malow" no CEIP CANICOUVA.
-7 DE MAIO:"Ketumba Ketamba" CEIP CANICOUVA na nosa escola.
-10 DE MAIO: "Malos tempos para o detective Malow" no Auditorio do Concello de Vigo, dentro da programación das III Xornadas de Teatro Escolar.
-30 DE MAIO:"Malos tempos para o detective Malow" no CEIP SEIS DO NADAL.
-31 DE MAIO:"Atasco en Vigo" CEIP SEIS DO NADAL na nosa escola.

Ademais  tivemos a sorte de contar coa presenza no noso cole da propia autora, Chus Pereiro, o xoves 26 de abril, pouco antes do comezo da xira que tería lugar no CEIP Canicouva,onde actualmente imparte clases como titora de 3º curso.Soubemos que escribe por e para as nenas e nenos da súa escola, para poder dar vida a un texto mediante o teatro, que é a súa paixón, e que a publicación das súas obras non é o fin en sí mesmo senón unha consecuencia dese traballo co alumnado.
Deulles conselliños para a representación que lle serviron para espantar os nervios,o máis importante: que fixeran súa a obra, que a reinventaran, que experimentaran co texto, cos personaxes..!


FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA 2012

Do 14 ao 20 de maio! Non perdades a oportunidade de achegarvos!Diversión asegurada!
Consultade a programación premendo na imaxe.