O alumnado de 5º A protagonizará a peza teatral "Malos tempos para o detective Malow" de Chus Pereiro.
SINOPSE: O detective Malow, agobiado polas débedas, enfróntase a un caso de secuestro dun fabricante de salchichas.
Este é o reparto de actrices e actores:
Malow: Hugo López Castro
Sra. Verroallo: Eva Estévez Cerviño
Avogado: Pablo Carrera Gil
Caseiro: Sergio Juárez Araujo
Traballador e traballadoras:
Florencia Alonso Barboni
Ángel Álvarez Fernández
Berta Ballesteros González
Marta Dasilva Vidal
Uxía Iglesias Bernabé
Lucía Martínez Furgón
Jessica Rocha Pereira
Lin Chu: Josías Fernández Levrotto
Matóns de Lin Chu:
Andrea Casandra Timpu
José Aaron Crespo Carrera
Chuco Mengano: Sergio Cabaleiro
TEXTO : Chus Pereiro
MÚSICA: Pablo Novoa
UNHA MANCHEA DE AGRADECEMENTOS:
A todas e a todos os que nos axudastes dunha ou doutra maneira.
Estas son as datas:
-4 DE MAIO: "Malos tempos para o detective Malow" no CEIP CANICOUVA.
-7 DE MAIO:"Ketumba Ketamba" CEIP CANICOUVA na nosa escola.
-10 DE MAIO: "Malos tempos para o detective Malow" no Auditorio do Concello de Vigo, dentro da programación das III Xornadas de Teatro Escolar.
-30 DE MAIO:"Malos tempos para o detective Malow" no CEIP SEIS DO NADAL.
-31 DE MAIO:"Atasco en Vigo" CEIP SEIS DO NADAL na nosa escola.
Ademais tivemos a sorte de contar coa presenza no noso cole da propia autora, Chus Pereiro, o xoves 26 de abril, pouco antes do comezo da xira que tería lugar no CEIP Canicouva,onde actualmente imparte clases como titora de 3º curso.Soubemos que escribe por e para as nenas e nenos da súa escola, para poder dar vida a un texto mediante o teatro, que é a súa paixón, e que a publicación das súas obras non é o fin en sí mesmo senón unha consecuencia dese traballo co alumnado.
Deulles conselliños para a representación que lle serviron para espantar os nervios,o máis importante: que fixeran súa a obra, que a reinventaran, que experimentaran co texto, cos personaxes..!