Para 1º ciclo:
miércoles, 27 de junio de 2012
RECOMENDACIÓN DE LECTURAS ONDE MERGULLARSE ESTE VERÁN
Para Infantil:
Para 2º ciclo:
Para 3º ciclo:
lunes, 18 de junio de 2012
175º ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO
No cole temos a nosa propia Rosalía, alumna da clase de 6º curso.Rosalía sentiu a responsabilidade de facer este homenaxe para tal efeméride(cousas da homonimia...)O certo é que leva nela o espírito da homenaxeada pois abandeira polo cole adiante o noso idioma galego coma ninguén!
jueves, 14 de junio de 2012
TOCA FALAR DE DESPEDIDAS...
Despedímonos do alumnado de 6º curso cun RAP que adicaron Alberto López e Uxía Baladrón ao resto dos seus compañeiros e compañeiras ao remate do Festival das Letras Galegas 2012:
FAGO O QUE SINTO
SEMPRE SIGO O MEU INSTINTO
SE DIGO QUE CON TRISTURA VOUME
NON MINTO!
ESCOITA CON ATENCIÓN
ESTA RIMA EN ACCIÓN
A DOBLADA TATUADA A LUME
NO MEU CORAZÓN.
NON ME PREGUNTES A RAZÓN
TAMÉN SABEMOS PEDIR PERDÓN
CANDO CAUSAMOS ALGÚN FOLLÓN.
PASAMOS BOS MOMENTOS
E DOS OUTROS TAMÉN...
A CONVIVENCIA É O QUE TEN,
NON O NEGA NINGUÉN!
E AQUÍ ESTAMOS
COMA POETAS URBANOS
TRATANDO DE IMAXINAR
QUE FAREMOS CANDO NOS VAIAMOS.
MEDRAMOS NESTE BARRIO
NO PATIO DESTE COLEXIO,
BÁGOAS VEXO,
A TODAS E TODOS
O MELLOR VOS DESEXO!
50 ANOS DE LETRAS GALEGAS!
Mural colectivo realizado por todas as clases de Infantil e Primaria a partires dunha serie de “pistas” que lle permitían averiguar os homenaxeados e homenaxeadas asignados a cada clase. Unha vez que foron recoñecidos e recoñecidas, decoraron os seus retratos para pasar a formar parte da exposición.
martes, 12 de junio de 2012
ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2012
O alumnado de 6º realizou un Festival o 1 de xuño para conmemorar o Día das Letras Galegas.
6º B representou uns lances da obra “Os vellos non deben namorarse” e 6ºA interpretou un rap titulado “Galego” do coñecido rapeiro vigués “El Puto Coke”, co que fixemos un video-montaxe para concienciar ao alumnado de que o noso idioma non pasa de moda e hai moitos grupos musicais de rock, hip-hop, heavy, pop…que se expresan en galego nas súas letras.
Realizaron dous pases:un para 2ºA e B, 2º ciclo e 3º ciclo antes do recreo e outro para infantil e 1º ciclo despois do recreo.
Este é o póster promocional da obra de Castelao,realizado polo alumno de 6º B Ezequiel.
domingo, 10 de junio de 2012
CEIP SEIS DO NADAL DE INTERTEATRO NO COLE
O 31 de maio viñeron representar "Atasco en Vigo", unha adaptación teatral da obra "Atasco" de Ángeles Jiménez Soria.Fixeron dous pases, un para infantil e outro para Primaria.Foi divertidísima e moi marchosa e con personaxes superactuais como Alaska, Guardiola,Mouriño! Un éxito total!A experiencia pode resumirse coa frase que non paraba de corear o noso alumnado ao rematar a obra: "TÚ SI QUE VALES" e ao escoitar esa frase, todo o traballo e esforzo destas rapazas e rapaces, das súas mestras e mestres, dos seus coidadores e coidadoras e familiares, cobra sentido.
Ao rematar houbo entrega de diplomas e unha merenda, para devolverlle a hospitalidade que tiveron con nós no Seis do Nadal.
SINOPSE: Nunha rúa da cidade de Vigo atópase un semáforo.Un día o homiño verde do semáforo decide deixar o seu posto de traballo e tomarse o día libre pois está canso de traballar todos os días do ano.Ao fallar o home verde, organízase un atasco tremendo de peóns porque non poden cruzar a rúa.Van chegando diferentes personaxes complicándose cada vez máis a situación.Á chegada do home verde resolve o problema, chega moi ledo, voltando á normalidade á rúa.
DE INTERTEATRO NO CEIP SEIS DO NADAL
O 30 de maio puxemos fin á xira de Interteatro no cole Seis do Nadal.Despois convidáronnos a unha merendola e tamén houbo entrega de diplomas e moita música!Foron uns anfitrións e anfitrionas excepcionais!Unha experiencia que non esqueceremos!
REMATAMOS AS VISITAS Á BIBLIOTECA!
As dúas clases de 5º de Primaria acudiron o 24 de maio ás actividades didácticas organizadas pola Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, concluíndo así a serie de visitas que toda Primaria realizou ao longo dos meses de abril e maio.Esperamos que estes encontros teñan continuidade o vindeiro curso xa que foron moi formativos e lúdicos ao mesmo tempo!
jueves, 7 de junio de 2012
Unha fin de semana de contos cos SETE FALARES
Durante tres días, Pontevedra será unha cidade de conto. A partir do venres día 8 o programa Sete falares ofrecerá un amplo abano de actividades que inclúe mesmo unha ruta de contos por lugares sinalados da cidade do Lérez ou unha travesía de historias pola Ría.
Para axudarvos a acomodarvos nos lugares onde se celebren as sesións teñen un equipo de monitores e monitoras estupendísimo.
Verédelos porque cada un deles levará un distintivo coma este:
A Casa das Campás, as Ruínas de San Domingos a CITA ou o Campiño de Santa María serán algúns dos espazos que o sábado por volta das 22 horas visitarán os participantes na ruta de contos que se inclúe no programa Sete falares, promovido pola Concellaría de Cultura de Pontevedra. Rosana Mont´Alverne, Tim Bowley e Charo Pita, Clara Haddad e Paula Carballeira serán as persoas encargadas de darlle ao conto en cada un deses espazos da cidade.
Non será a única excursión que fagan as persoas que desexen achegarse ao mundo do conto. O domingo, ás 14.30, os contos irán ao “medio do mar” cunha viaxe en barco que sairá das Corbaceiras. Quen se encargará entón de contar é Cándido Pazó e haberá mesmo xantar a bordo do barco.
Cun barco de conto pola ría
Para todas as idades , de moitas partes do mundo e pola cidade enteira. Así se artella o programa Sete falares que comeza este mesmo venres. A casa das campás, o Teatro Principal, a CITA, as Ruínas de San Domingos ou mesmo un barco serán os escenarios das múltiples contadas nas que se articula o programa. Na primeira xornada, no espazo “De dous en dous” Paula Carballeira e Cándido Pazó atoparanse con Clara Haddad e Rosana Mont´Alverne respectivamente, facendo dous dúos de contos, da casa e convidados. Andrea Bayer, de Boabab Teatro, será a encargada de abrir o programa na primeira sesión da Casa das Campás ás 18 horas.
O sábado será o día todo para o conto, desde a mañá na CITA con Pavís Pavós, ate a noite cando os contos se atopen coa luz dos farois da Pontevedra histórica. No medio, o mundo dos contos en múltiples dimensións, desde a conferencia da escritora Fina Casalderrey “Os berces do noso imaxinario” ata a contada de Paula Carballeira na Alameda para continuar coa proposta de Rosana Mont´Alverne, protagonista tamén do encontro da mañá do domingo na Casa das Campás.
Para o día final, despois da travesía conteira pola Ría de Pontevedra, o programa de Sete Falares depara aínda un feixe de sorpresas, a comezar polos “Contos de todos os cantos” de Clara Haddad e a seguir con Tim Bowley e Charo Pita “Fiando Contos” nas Ruínas de San Domingos.
Unha cidade de conto á beira do Lérez
www.sermosgaliza.com
miércoles, 6 de junio de 2012
HOMENAXE A MAURICE SENDAK
Maurice Sendak, autor e ilustrador de Onde viven os monstros (por nomear un dos favoritos da biblio do cole), deixounos o pasado 8 de maio.
martes, 5 de junio de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)