O día 25 de abril o alumnado de 6º A e Feli, a súa titora, coñeceron á escritora Alicia Borrás. Froito da conversa descubriron que é profesora de teatro e tamén que traballou de actriz de dobraxe para o cinema e a televisión e desvelounos que haberá unha segunda parte do libro
Nata e Chocolate!
Queremos enviarlle unha aperta moi forte por regalarnos unha conversa chea de calidez e dozura!
O argumento trata sobre o acoso escolar e a discriminación que sofre unha nena por ser albina. Preme na cuberta do libro se queres saber máis cousas sobre el...