Samaín, palabra gaélica, significa a fin do verán. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, honrar os mortos, comer e celebrar xuntos as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois entre o mundo real e o das ánimas tendíanse pontes que os valorosos celtas temían. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas adoitaban poñer no alto as caveiras iluminadas dos inimigos mortos. Co paso do tempo, e coa chegada da paz, estas foron substituídas por cabazas ou melóns iluminados que chegaron aos nosos días.
O Halloween americano ten a súa orixe no Samaín. Hoxe en Galicia dáse a circunstancia anecdótica de contar coas dúas variantes, a propia e autóctona e a que viaxou e veu de volta. Agora que sabemos que o noso é o Samaín,propoñemos que botedes unha ollada a esta selección de libros dedicados específicamente ao Samaín ou ben ao medo, xa que é un sentimento moi propio destas arrepiantes datas.
Por certo, se pulsades ao "play" escoitaredes unha fermosa canción titulada "Bailando contigo" incluída no CD "Meniños cantores" que tamén temos na biblioteca. Que mellor que a música para escorrentar os medos que se nos meten no corpo, non?