O 30 de xaneiro conmemoramos o Día
Escolar pola Paz e a Non-Violencia. O seu obxectivo é a educación en e
para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a
non-violencia e a paz.
Dende as Bibliotecas Escolares podemos
servir de instrumento de paz e entendemento entre o alumnado de distinta
formación, raza, cultura e relixión.
Por iso o Equipo de Biblioteca do cole
quere contribuir con esta selección bibliográfica titulada "Libros en
Son de Paz". A meirande parte dos libros os podedes atopar no expositor
que estará ubicado na entrada da biblioteca. Se premedes na imaxe
podedes visualizar ou mesmo imprimir dita selección.
Ademais, este 27 de xaneiro cúmprense 70 anos da liberación do campo de concentración de Auschwitz;
unha data que se instituíu como Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto.