sábado, 21 de marzo de 2015

Hoxe celébrase o día mundial da poesía!
Foi declarado pola UNESCO o 21 de marzo como "Día mundial de la poesía" porque quixo darlle así un ímpeto social á poesía.
Dende entón, este día busca valorar aos poetas como persoas que coa palabra tentan mellorar o mundo.







Unha chulada os poemas infantís e poesías para nenos visto en leer.es via www.bosquedefantasias.com.
Si estás interesado fai clic na imaxe e a gozar...

martes, 10 de marzo de 2015

OBRADOIRO OS ARROASES


Hoxe 10 de marzo, chegou a visita que tanto esperábamos dende o inicio do noso proxecto. Foi nin máis nin menos que un divertido obradoiro de consumo en forma de teatro e xogos cooperativos, no que tiveron a ocasión de participar case a totalidade do alumnado de primaria do colexio.
Neste  obradoiro  coñecimos  a "Os arroases" una pandilla de  6 nenos e nenas que teñen poderes especiais grazas a todo o peixe que comen. 
Agora sabemos máis dalgunhas especies: o lirio, a pescada, a sardiña, o mexillón, a troita, o xurelo e o rodaballo e dos nutrientes que nos aportan.



Como nos portamos moi ben e aprendemos moitas cousas todos conseguimos o noso diploma de “Mariñeiros Pescadores Sostibles”. 

"O ACUARIO" DE CAMILLE SAINT-SAËNS

Cos arpexios máis suaves do piano e as notas musicais longas dos instrumentos de corda xunto coa frauta traveseira e a armónica de cristal, fomos sumerxíndonos nas profundidades do mar á volta do Entroido,durante o final do 2º trimestre en todas as aulas de infantil e tamén nas aulas de 1º e 2º curso variando a complexidade da actividade dependendo das diferentes idades.
Nesta obra musical chamada O ENTROIDO DOS ANIMAIS o compositor Saint-Saëns "disfraza" a diferentes instrumentos musicais de animais, creando unha gran fantasía zoolóxica.
 Escribiuna no ano 1886 durante as súas vacacións e presentoulla só a un pequeno grupo de amigos o martes de Entroido dese mesmo ano.
Esta melodía do ACUARIO inspirounos para imitar todo tipo de animais mariños,dramatizando e imitando os movementos dos animais mediante a expresión corporal, á vez que aprendíamos a diferenciar diferentes especies que aparecían neste musicograma tan orixinal como o peixe globo, a quenlla, o escurridizo polbo, medusas, nécoras, cabaliños e estrelas de mar entre o argazo...


http://www.iesquintana.net/descargas/musica/acuario.swf


Ademais esta experiencia de traballo foi unha excelente maneira de introducir aos máis cativos e cativas na música clásica!