Hoxe 10 de marzo, chegou a visita que tanto esperábamos dende o inicio do noso proxecto. Foi nin máis nin menos que un divertido obradoiro de consumo en forma de teatro e xogos cooperativos, no que tiveron a ocasión de participar case a totalidade do alumnado de primaria do colexio.
Neste obradoiro coñecimos a "Os arroases" una pandilla de 6 nenos e nenas que teñen poderes especiais grazas a todo o peixe que comen.
Agora sabemos máis dalgunhas especies: o lirio, a pescada, a sardiña, o mexillón, a troita, o xurelo e o rodaballo e dos nutrientes que nos aportan.
Agora sabemos máis dalgunhas especies: o lirio, a pescada, a sardiña, o mexillón, a troita, o xurelo e o rodaballo e dos nutrientes que nos aportan.
Como nos portamos moi ben e aprendemos moitas cousas todos conseguimos o noso diploma de “Mariñeiros Pescadores Sostibles”.