miércoles, 10 de junio de 2015

UN MAR DE REFRÁNS

"Onde hai patrón, non manda mariñeiro", "as estrelas a brillar, mariñeiro para o mar", "en xaneiro, a faneca sabe a carneiro", "o que queira peixe que molle o cú"... son algúns dos ditos e refráns da nosa cultura mariñeira que plasmaron os nenos e nenas do cole neste mural.


lunes, 8 de junio de 2015

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

La UNESCO presenta la Plataforma Océano y Clima 2015 con motivo del Día Mundial de los Océanos
O 8 de xuño foi declarado Día Mundial dos Océanos pola ONU para lembrarnos a importancia de conservar os nosos océanos. Este ano o lema é: "Océanos sans, planeta san"
Este ano é especialmente significativo este día, por estar moi relacionado co Plan Proxecta que estamos a desenvolver no colexio. É moi importante comer peixe fresco, para iso témonos que concienciar da importancia de manter o medio mariño san.e garantir así a súa sostenibilidade.
Coincidindo con esta cita , dende google quixeron facer una pequena homenaxe aos océanos e traballaron para ofrecer estas incribles vistas mariñas.
Con tan só un clik poderemos nadar con: tartarugas, peixes baleas e todo tipo de criaturas mariñas.
Recordade que xuntos podemos protexer o océano que ben merece a pena.

http://www.europapress.es/sociedad/medio-ambiente-00647/noticia-impresionantes-imagenes-submarinas-celebrar-dia-mundial-oceanos-2015-20150608110017.html

Os alumnos de 6º do colexio fixeron unha interpretación da BSO da película de TITANIC na aula de música para rendirlle tributo aos nosos océanos e lembrar que tanto nos dan pero tamén tanto nos quitan, por iso nunca debemos perderlles o respeto.






 

viernes, 5 de junio de 2015

NA DOBLADA COMEMOS FROITA



Participamos no Plan de consumo de froita fresca nas escolas.Durante a pasada quincena tivo lugar o reparto e cosumo da froita nas aulas Con este Plan pretendemos incidir ,co noso alumnado, nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende pequenos . Deixamos aquí un pequeno resumo fotográfico do que foi esta actividade no colexio.

Gozamos cuns maduros e saborosos PLÁTANOS.

Por se aínda non o sabías...  tamén comemos PAVÍAS!

 CEREIXAS! Aproveitade a comelas pois como ben di o refraneiro popular galego: "Dende maio a xullo as cereixas son coma puños"

E  tamén tivemos... unha PERA que non espera !



Un mércores comemos .....AMORODOS!! Unha das nosas favoritas...





E para afrontar con enerxía o día.. unhas boas MAZÁS!


Todas elas estaban boísimas!!!!





lunes, 1 de junio de 2015

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS

O alumnado de 5ºA afondou no coñecemento destas embarcacións tradicionais da man da súa titora Belén mediante estas dúas maquetas feitas artesanalmente.


EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS on PhotoPeach



AS LANCHAS DO XEITO

Aí veñen as lanchas do xeito
pescando sardiñas a eito,
e van cara á banda do mar
porque os de Rianxo
non saben pescar.


A DORNA (cantada pola Roda)

Meu pai deixoume a dorniña, miña nai deixoume o mare,
non tiña máis que deixarme nin eu teño máis que dare
Non che teño, rapaza, outra cousa que dar
máis que o peixe fresquiño que eu che traio do mar,
que eu che traio do mar, que eu che traio do mar,
non che teño, rapaza, outra cousa que dar.
Teño unha lanchiña en Cangas que lle chaman a Manuela
en toda a ría de Vigo non hai lancha coma ela BIS
Non che teño, rapaza, ...
San Hadrián é barqueiro, barqueiro é San Hadrián
San Hadrián é barqueiro, que leva o trevo na man,
Non che teño, rapaza, ...
Teño lanchas, teño redes, teño sardiñas no mar,
teño unha nena bonita, xa non quero traballar,
xa non quero traballar, xa non quero traballar,
teño lanchas, teño redes, teño sardiñas no mar.

ALGAS:AS VERDURAS DO MAR

O alumnado de 3º B iniciouse no coñecemento das algas como produto alimenticio. Case todos e todas apartamos as "leitugas de mar", unha variedade moi común no océano atlántico, cando nos imos bañar na praia ou pensamos que só serven para abonar a terra dos cultivos... pero hoxe os nenos e nenas miraron estas algas dende unha óptica diferente. Miraron as algas como un SUPERALIMENTO xa que as que se comercializan teñen un altísimo contido en sales minerais, vitaminas, fibra e proteínas... e as podemos incorporar á nosa dieta en ensaladas, arroces, revoltos, potaxes... veña! A que esperades para probalas?!

O SABOR DA MÚSICA

Unha música que brota da terra. Doces e frescas armonías xorden de cenoiras que se transforman en frautas,pementos en trompetas, cabazas en tambores ,cogombros en caixas chinas, berenxenas en castañolas...e todo grazas á sorprendente ORQUESTA VEXETAL DE VIENA !!!





A continuación deixámosvos co noso modesto intento por emular a esta espectacular orquestra da man de 6ºB!


ALIMENT- ARTE

Tomando como punto de partida o Plan Proxecta no que participamos este ano "Alimentate ben", tentamos crear espazos e actividades motivadoras, expresando os coñecementos adquiridos a través de debuxos, paneis ... empregando distintos materiais e técnicas de expresión plástica.

PINTANDO BODEGÓNS
Aprendemos moitas cousas sobre os bodegóns. Agora xa sabemos que son obras de arte que representan obxectos inanimados, xeralmente cotidiáns, que poden ser naturais ou feitos polo home.
Tivemos a oportunidade de desenvolver a creatividade e coñecemento a través dun taller de plástica 
 Os alumnos de 4ºB fixeron a súa propia interpretación de bodegóns de autores famosos: Vicent Van Gogh, Paul Cezanne e Pablo Picasso
 Nesta presentación podedes ver que resultados tan interesantes.



Os alumnos de 5º tamén fixeron as súas reproduccións de bodegóns.



















RECICLANDO PEIXES
 Démoslles unha nova vida aos cds que xa non eran útiles convertíndoos en peixes multicores que ambientaron os pasillos do noso cole axudando a recrear o medio mariño.


FACENDO MAQUETAS
Promovemos a investigación sobre ecosistemas relacionados co mar entre os alumnos/as de 4º a través  dos diversos recursos informáticos. Plasmaron en maquetas o aprendido.


Tamén os alumnos de 5º investigaron sobre o noso planeta, hábitat de miles de formas de vida , tanto animais como vexetais.Tomaron conciencia da transcendencia que ten coidar o noso planeta e os nosos recursos naturais e tamén aprenderon a importancia de adquirir hábitos de consumo e producción responsables.