lunes, 1 de junio de 2015

ALIMENT- ARTE

Tomando como punto de partida o Plan Proxecta no que participamos este ano "Alimentate ben", tentamos crear espazos e actividades motivadoras, expresando os coñecementos adquiridos a través de debuxos, paneis ... empregando distintos materiais e técnicas de expresión plástica.

PINTANDO BODEGÓNS
Aprendemos moitas cousas sobre os bodegóns. Agora xa sabemos que son obras de arte que representan obxectos inanimados, xeralmente cotidiáns, que poden ser naturais ou feitos polo home.
Tivemos a oportunidade de desenvolver a creatividade e coñecemento a través dun taller de plástica 
 Os alumnos de 4ºB fixeron a súa propia interpretación de bodegóns de autores famosos: Vicent Van Gogh, Paul Cezanne e Pablo Picasso
 Nesta presentación podedes ver que resultados tan interesantes.



Os alumnos de 5º tamén fixeron as súas reproduccións de bodegóns.



















RECICLANDO PEIXES
 Démoslles unha nova vida aos cds que xa non eran útiles convertíndoos en peixes multicores que ambientaron os pasillos do noso cole axudando a recrear o medio mariño.


FACENDO MAQUETAS
Promovemos a investigación sobre ecosistemas relacionados co mar entre os alumnos/as de 4º a través  dos diversos recursos informáticos. Plasmaron en maquetas o aprendido.


Tamén os alumnos de 5º investigaron sobre o noso planeta, hábitat de miles de formas de vida , tanto animais como vexetais.Tomaron conciencia da transcendencia que ten coidar o noso planeta e os nosos recursos naturais e tamén aprenderon a importancia de adquirir hábitos de consumo e producción responsables.