
O alumnado de 4 anos A e 4 anos B de Infantil do noso cole participa neste concurso coa proposta audiovisual "En galego meu o mundo é" , organizado polo Concello de Santiago co fin de promover o uso do galego na comunidade educativa e contribuir á creación e difusión de traballos audiovisuais en galego.
Pode seguirse o día a día da convocatoria no evento creado na páxina de
facebook da Concellería de Xuventude do Concello de Santiago.