sábado, 31 de mayo de 2014

Concerto-Presentación "BRINCA VAI!"


No no podedes perder! Se vos encantou o video que nos fixo gañador da Campaña do Concello de Vigo "Gústame o galego", o 1 de xuño tedes unha cita na Feira do Libro de Vigo con Paco Nogueiras Nodar, o autor da canción "meu o mundo é", tema incluido no seu novo libro-disco "BRINCA VAI" editado por Kalandraka,con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo. "Brinca Vai!" reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todos os temas, nos que aborda materias incluídas no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais,a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo.
"Brinca Vai!" reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión.



Aquí tedes o video orixinal de "Meu o mundo é".Con motivo da súa chegada ás librarías de toda Galicia en vésperas do Día das Letras Galegas, “Brinca Vai!” publicou en Youtube o vídeo da canción, gravado na Zona Monumental de Pontevedra; un canto ao valor ilimitado da nosa lingua, na que se poden expresar e desenvolver todo tipo de emocións, experiencias e sectores: ciencia, arte, deporte, música, ensino, cine, teatro, literatura, industria ou investigación.


No hay comentarios: