sábado, 5 de febrero de 2011

7ª CARTA DO RATO

COIDA UN BONSAI DE OLIVEIRA NA TÚA AULA

Tal e como vos informou na carta o rato,a árbore que converteu a Bruxa Poucasmigas Malababa en Bonsai de Oliveira está xa sendo coidada nas aulas de infantil e primaria.Se a túa clase participa nesta misión, permanecede alerta pois proximamente a teredes baixo a vosa supervisión.Non esquezades seguir as instrucións do seu coidado.Os bonsais son delicados e precisan dunhas atencións especiais...Por todos e todas é sabido o beneficioso que é a música para as plantas, que estimula o seu crecemento entre outras cousas.
As plantas, como todo ser vivo,  estrésase,  reláxase, come, reprodúcese e morre.Non escoitarán a música pero si que senten as súas vibracións.Tanto ten...a cuestión é que saben cando son coidadas e cando non, así que aí vai un pouco de música  para un coidado extra do noso bonsai, que non se diga que non o mimamos.
O tema, popular portugués, titúlase "Ó, que linda rama" e fai referencia á árbore da oliveira.



Unha versión para os máis pequechos e pequechas...



Unha versión en karaoke para que practiquedes,aínda que o arranxo non soa de todo apatecible...



O coñecido grupo Malvela tamén ten incluída esta canción no traballo "que o pano non me namora" e dispoñemos na biblioteca doutra versión no cd de "Meniños Cantores" (pista nº 5).



viernes, 4 de febrero de 2011

LEVÍRTETE NO SALÓN DO LIBRO!

Un ano máis o Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas o vindeiro 6 de febreiro para baixo o título "É mentira", que nos propón participar en múltiples actividades: obradoiros, teatro, maxia, conferencias, contacontos, circo... Este ano a mentira será o fío conductor. Mentiras que desencadean historias. O Lobo Feroz que minte a Carapuchiña, Pinocho, Pedro e o lobo, o Gato con botas…
nun amplo programa de actividades no que toda a familia pode participar.Animádevos a visitalo,no Pazo da Cultura de Pontevedra, aos libros lles encantará contar coa vosa presencia!

"QUERCUS FORTIS IN SÉCULA"

Gústame esta árbore centenaria porque ten unha bonita historia:

Na parcela na que se atopa este carballo, o Goberno Galego quixo construir un edificio de vivendas.
Aos veciños da Doblada non lles gustou a idea de ter que cortar unha árbore tan nosa como esta e con tantos anos de historia, polo que rapidamente puxéronse mans á obra recopilando sinaturas de todos os vigueses.
Meus pais firmaron para que o salvasen, aportando así o seu gran de area para que hoxe podamos disfrutar dun fermoso parque no que sobrevive o "QUERCUS FORTIS IN SECULA"
Texto de Mariña Heras (alumna de 3º de primaria)

 

jueves, 3 de febrero de 2011

miércoles, 2 de febrero de 2011

A POMBA DA PAZ?

Mirade esta divertida curta de animación titulada "Pigeon: Impossible" na que un axente novato segredo ten que enfrontarse cun problema pouco habitual no seu traballo: que facer cando unha pomba curiosa queda presa dentro dunha multimillonaria maleta de emisión nuclear do goberno dos EE.UU...