lunes, 21 de marzo de 2011

COÑECENDO PETRÓGLIFOS CON XOSÉ LOIS VILAR

O Instituto de Estudos Miñoranos, no marco dos seus proxectos pedagóxicos,participou no noso proxecto "O bosque encantado do barrio dos paxaros" para falarnos nas pegadas que deixa a historia nos nosos montes.
O IEM é un grupo de xente que traballa para que a nosa terra sexa máis nosa, máis coñecida, máis respectada e valorada por todos.A defensa do patrimonio histórico centra algunhas das súas principais actividades: visitas a conxuntos de arte rupestre, musealización de conxuntos de petróglifos como o de Outeiro dos Lameiros en Sabarís...non dubidedes en visitar a súa páxina web para coñecelos mellor.
Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo baionés e membro do IEM foi o noso guía ao longo de dúas horas de exposición-conferencia, que se pasaron voando para todo segundo ciclo e terceiro ciclo e tivo lugar o 3 de marzo.
Aprendimos que os petróglifos(= pedras gravadas) de Galicia teñen uns catro mil anos, case nada..., e que aínda que non estean dentro dun museo son obras de arte e hai que respectalos igual.
Ademais distinguimos arte figurada ou naturalista (animais, persoas...) de arte abstracta ou xeométrica (coviñas, espirais,labirintos,reticulados...) e falounos de mámoas( ou madorra, medoña,antela,dolmen,namela, casa dos mouros... e así ata máis de 40 sinónimos!)Amosounos como fan traballos de investigación en excavacións, que aparellos empregan (como o marcado non dañino de petróglifos con talco, o medidor a escada ou referente métrico...) e analizamos exemplos significativos de petróglifos de Galicia; por nomear un, no Monte do Galiñeiro en Gondomar consérvase en pedras inclinadas o mellor petróglifo de armas de toda Europa!!
Logo de rematada a charla, o alumnado fixo un divertido xogo para comprobar o aprendido, que como vedes non foi pouco!

APRENDEMOS SOBRE PETRÓGLIFOS CON XOSÉ LOIS VILAR on PhotoPeach


Aquí tedes algúns exemplos de petróglifos para consultar...

9ª CARTA DO RATO

lunes, 7 de marzo de 2011

COPLAS DO ENTROIDO

Un ano máis a mestra de música invitou aos nenos e nenas de sexto curso a pór as súas inquietas mentes a traballar para inventar as coplas do entroido, tradición galega que mestura poesía e retranca.Nesta ocasión adaptamos o ritmo das coplas á coñecida canción "O Verdegaio" incluida no CD de Meniños Cantores que temos na Biblioteca do cole.
As coplas foron ademais cantadas o venres 4 de marzo por algúns voluntarios e voluntarias xusto despois do desfile de disfraces.
Grazas aos que participaron e noraboa por regalarnos estas coplas tan simpáticas e enxeñosas!

lunes, 28 de febrero de 2011

ROSALÍA DE CASTRO

O día 21 de marzo será o Día da Poesía pero o 24 de febreiro foi o día no que naceu Rosalía de Castro, así que fixemos algo moi especial para homenaxeala.
Somos galegos polos mariñeiros e labregos e por ela, que foi quen de botar bolboretas cos seus poemas na lingua do mar e do campo.
Facendo uso da megafonía interna, as profes Iria e Melani tocaron a dúas voces unha versión instrumental de Negra Sombra coas súas frautas traveseiras(do compositor Juan Montes Capón, 1840-1899) mentres unha alumna de 6º curso sobrelía o texto do poema.Todo o alumnado e profesorado saíu aos corredores para a súa escoita atenta.


ROSALÍA DE CASTRO on PhotoPeach

viernes, 25 de febrero de 2011

NOVA XUNTANZA ARREDOR DO ÁLBUM ILUSTRADO

O día 23 ás 16:30h xuntámonos outra vez para contármonos contos.
Esta vez o tema foi a comida: Handa's surprise, Arándanos para Sal, La ovejita que vino a cenar, Una sopa de piedra,The tiger who came to tea, Cuentos del cocinero, A que sabe esta historia? e o primeiro álbum cartoneiro feito na escola por Diana de 5º A.

sábado, 19 de febrero de 2011

CONTACONTOS CON ANIMACIÓN MUSICAL

Actividade de contacontos con animación musical da man do músico Servando e cortesía da editorial SM.O luns 7 de febreiro actuou para todo o primeiro ciclo e o martes 15 de febreiro para todo infantil.As historias que compartiu cos nenos e nenas trataron sobre o respecto aos bosques e a contribución ao seu coidado.Aquí tedes unha mostra.