jueves, 24 de marzo de 2011

CONTACONTOS PARA TODO INFANTIL

Mostra dunha actividade de contacontos realizada a finais de febreiro para todo infantil cortesía de SM.

2 de abril:DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Todos os anos, o 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, coa fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.Cada ano, un país membro desta Organización Internacional, encárgase de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo.Para o 2011, a sección de Estonia,distribúe o cartel de Jüri Mildeberg e de Jüri J. Dubov.O manifesto é da escritora Aino Pervik.
O nosa biblioteca é unha das tantas bibliotecas e librarías do territorio nacional adheridas a esta iniciativa.

Ler o manifesto (pdf)

lunes, 21 de marzo de 2011

21 de marzo: DÍA DA ÁRBORE

Feliz Día da Árbore ou Día Forestal Mundial a todos e todas!Para festexalo o Equipo de Biblioteca está preparando un plano do cole no que se inclúen os grandes tesouros verdes que temos nel.Mentres podedes ir consultando dez ideas que nos propón ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) para celebralo!
Deixamos, para que reflexionedes e tomedes conciencia ecolóxica, esta tira cómica, que máis alá de divertir tamén quere dárvos unha mensaxe ben clara: a natureza loita por recuperar os espazos que pouco a pouco lle rouba o home.

COÑECENDO PETRÓGLIFOS CON XOSÉ LOIS VILAR

O Instituto de Estudos Miñoranos, no marco dos seus proxectos pedagóxicos,participou no noso proxecto "O bosque encantado do barrio dos paxaros" para falarnos nas pegadas que deixa a historia nos nosos montes.
O IEM é un grupo de xente que traballa para que a nosa terra sexa máis nosa, máis coñecida, máis respectada e valorada por todos.A defensa do patrimonio histórico centra algunhas das súas principais actividades: visitas a conxuntos de arte rupestre, musealización de conxuntos de petróglifos como o de Outeiro dos Lameiros en Sabarís...non dubidedes en visitar a súa páxina web para coñecelos mellor.
Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo baionés e membro do IEM foi o noso guía ao longo de dúas horas de exposición-conferencia, que se pasaron voando para todo segundo ciclo e terceiro ciclo e tivo lugar o 3 de marzo.
Aprendimos que os petróglifos(= pedras gravadas) de Galicia teñen uns catro mil anos, case nada..., e que aínda que non estean dentro dun museo son obras de arte e hai que respectalos igual.
Ademais distinguimos arte figurada ou naturalista (animais, persoas...) de arte abstracta ou xeométrica (coviñas, espirais,labirintos,reticulados...) e falounos de mámoas( ou madorra, medoña,antela,dolmen,namela, casa dos mouros... e así ata máis de 40 sinónimos!)Amosounos como fan traballos de investigación en excavacións, que aparellos empregan (como o marcado non dañino de petróglifos con talco, o medidor a escada ou referente métrico...) e analizamos exemplos significativos de petróglifos de Galicia; por nomear un, no Monte do Galiñeiro en Gondomar consérvase en pedras inclinadas o mellor petróglifo de armas de toda Europa!!
Logo de rematada a charla, o alumnado fixo un divertido xogo para comprobar o aprendido, que como vedes non foi pouco!

APRENDEMOS SOBRE PETRÓGLIFOS CON XOSÉ LOIS VILAR on PhotoPeach


Aquí tedes algúns exemplos de petróglifos para consultar...

9ª CARTA DO RATO

lunes, 7 de marzo de 2011

COPLAS DO ENTROIDO

Un ano máis a mestra de música invitou aos nenos e nenas de sexto curso a pór as súas inquietas mentes a traballar para inventar as coplas do entroido, tradición galega que mestura poesía e retranca.Nesta ocasión adaptamos o ritmo das coplas á coñecida canción "O Verdegaio" incluida no CD de Meniños Cantores que temos na Biblioteca do cole.
As coplas foron ademais cantadas o venres 4 de marzo por algúns voluntarios e voluntarias xusto despois do desfile de disfraces.
Grazas aos que participaron e noraboa por regalarnos estas coplas tan simpáticas e enxeñosas!