domingo, 5 de mayo de 2013

ENCONTRO CON ALICIA BORRÁS

O día 25 de abril o alumnado de 6º A e Feli, a súa titora, coñeceron á escritora Alicia Borrás. Froito da conversa descubriron que é profesora de teatro e tamén que traballou de actriz de dobraxe para o cinema e a televisión e desvelounos que haberá unha segunda parte do libro Nata e Chocolate!
Queremos enviarlle unha aperta moi forte por regalarnos unha conversa chea de calidez e dozura!


 O argumento trata sobre o acoso escolar e a discriminación que sofre unha nena por ser albina. Preme na cuberta do libro se queres saber máis cousas sobre el...

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración d Día Internacional do Libro Infantil coa finalidade de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis cativos e cativas. Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día del Libro Infantil e selecciona un escritor/a e un ilustrador/a representativo do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida aos nenos e nenas do mundo e o cartel, que se distribúe por todo o mundo, para promover a súa celebración en bibliotecas, centros escolares, librarías, etc.
Este é o cartel deste ano, xunto co manifesto,escrito polo autor mexicano Francisco Hinojosa baixo o título ‘Había una vez un cuento contaba el mundo entero’,

cartel dia Lemos xuntos, ti e eu. 
Vemos que as letras forman palabras
 e as palabras convértense en libros
 que estreitamos nas nosas mans. 
 Oímos murmurios 
e ríos buliciosos nas súas páxinas, 
osos que cantan 
graciosas melodías á lúa. 
 Entramos en misteriosos castelos 
e das nosas mans soben ata as nubes árbores florecidas.
 Vemos nenas valentes que voan e nenos que atrapan as estrelas.
 Lemos xuntos.
 Ti e eu, dando voltas e voltas, 
percorrendo o mundo coa alegría nos libros. 
 Poema de Pat Mora 
Traducción: Concha Blanco




Presentámosvos ademais esta animación de Tomás Bases para Titirimundi Teatro para que coñezades máis polo miúdo a Hans Christian Andersen:
 

Preme na imaxe se queres comprobar o aprendido con esta actividade LIM (libro Interactivo Multimedia) realizado por Julia González do Ceip Mestres Goldar:

lunes, 29 de abril de 2013

OLALLA GONZÁLEZ E MARK TAEGER NA RATOEIRA DOS CONTOS


Visitaron ao alumnado de 4 e 5 anos o 10 de abril, acompañados dun ratiño moi especial. Sabemos que estades pensando no rato pardo, a nosa mascota da biblioteca, pero en realidade trátase de Matías.
A arte éo todo para Matías. A súa primeira visita a un museo cámbialle a vida e ábrelle as portas a un mundo de formas e cores para plasmar os seus soños sobre lenzos. Despois, Olalla e Mark  nos presentaron a un pintor que se lle daba por pintar os cabalos de cor azul...
 Encantounos! Moitas grazas pola visita e por encher a nosa biblioteca de cor, de arte e de simpatía!



lunes, 15 de abril de 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: FINA CASALDERREY NA BIBLIOTECA

O xoves 18 de abril terá un encontro con 2º B e con 6º B e teremos a oportunidade de felicitala en persoa por ingresar na Real Academia Galega!Unha académica de luxo!

 

A mestra de 2ºB e o seu alumnado queren compartir con moito agarimo esta carta con nós para aprender moitas máis cousas sobre ela:


domingo, 24 de febrero de 2013

Gálix: DISCURSO DO ACTO DE NOMEAMENTO COMO DOUTOR HONORIS...

Gálix: DISCURSO DO ACTO DE NOMEAMENTO COMO DOUTOR HONORIS...: Agustín Fernández Paz - DISCURSO DO ACTO DE NOMEAMENTO COMO DOUTOR HONORIS CAUSA. Universidade de Vigo. 28 xaneiro 2013. Sr. Reitor Ma...