martes, 27 de enero de 2015

LIBROS EN SON DE PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a Non-Violencia. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Dende as Bibliotecas Escolares podemos servir de instrumento de paz e entendemento entre o alumnado de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Por iso o Equipo de Biblioteca do cole quere contribuir con esta selección bibliográfica titulada "Libros en Son de Paz". A meirande parte dos libros os podedes atopar no expositor que estará ubicado na entrada da biblioteca. Se premedes na imaxe podedes visualizar ou mesmo imprimir dita selección.

Ademais, este 27 de xaneiro cúmprense 70 anos da liberación do campo de concentración de Auschwitz;
unha data que se instituíu como Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto.

<div data-configid="0/11187201" style="width:525px; height:371px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

jueves, 15 de enero de 2015

COCIÑAR PRODUTOS DO MAR DUN XEITO DIVERTIDO!

Hoxe recomendamos un libro de receitas que axuda a iniciarse ao máis cativos e cativas e ás súas familias no consumo de peixe e no mundo da cociña e dos alimentos. Así, todos aprenderemos a facer de comer e tamén a coidar a alimentación, é dicir, saber que e como comemos. Ademáis de aprender, a diversión está garantida!
Este libro forma parte da colección Cociña Infantil e Familiar da Editorial Ouvirmos.
 Nel atoparedes 20 recetas realizadas con ingredientes básicos, explicadas paso a paso de forma sinxela por profesores titulados de hostalería. Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro son os encargados de guiarnos ao longo desta aventura culinaria.As fotografías que acompañan as explicacións son de Tono Arias.
Veña chefs! Cociñade os produtos do mar como nunca antes imaxinárades! A practicar!



Premio Libro Educativo 2012 pola Asociación Galega de Editores.

jueves, 20 de noviembre de 2014

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO!!

O día 20 de novembro de 1959 a Asamblea Xeral de Nacións Unidas aprobou a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO, na que se deron a coñecer os 10 dereitos que todo neno ten polo simple feito de selo...


COMEZAMOS A NOSA AVENTURA NO MAR

Este é o cartel que marca o inicio do Plan Proxecta  "O  SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR", no que estaremos mergullados todo o curso.
Este programa foi deseñado pola Consellería de Educación en colaboración coa Consellería do Mar e a de Sanidade
A través deste Proxecto imos aprender cousas tan interesantes como : diferentes especies de peixes e os seus valores nutricionais, a importancia do peixe e o marisco na nosa dieta a través  de sinxelas e ricas receitas . Tamén afondaremos no mundo da pesca, transporte e preparación do peixe e aprenderemos a ser uns consumidores responsables co medio mariño.

Todos a bordo!!!

http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/gl

Preme no cartel se queres acceder as diferentes Unidades Didácticas en Pdf.
Se queres ver tódalas nosas actividades preme aquí.

domingo, 14 de septiembre de 2014

MUSICONTOS: OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS MUSICADOS

Proposta de traballo cooperativo realizada ao longo de todo o 3º trimestre do curso pasado co alumnado de 3º curso na aula de música.
A palabra e a voz mesturáronse con efectos sonoros, dando lugar a uns relatos sorprendentes e peculiares.
Este obradoiro estivo baseado na CREACIÓN, na INTERPRETACIÓN , na DRAMATIZACIÓN e na IMPROVISACIÓN. Botade un ollo!