miércoles, 30 de octubre de 2013
FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS
domingo, 27 de octubre de 2013
LECTURAS PARA O SAMAÍN
Dado que se aproxima a festividade do SAMAÍN ,elaboramos unha selección de lecturas para todas as idades. A meirande parte delas podes atopalas na nosa biblioteca.Pero antes, un pouco de historia...
Samaín, palabra gaélica, significa a fin do verán. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, honrar os mortos, comer e celebrar xuntos as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois entre o mundo real e o das ánimas tendíanse pontes que os valorosos celtas temían. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas adoitaban poñer no alto as caveiras iluminadas dos inimigos mortos. Co paso do tempo, e coa chegada da paz, estas foron substituídas por cabazas ou melóns iluminados que chegaron aos nosos días.
O Halloween americano ten a súa orixe no Samaín. Hoxe en Galicia dáse a circunstancia anecdótica de contar coas dúas variantes, a propia e autóctona e a que viaxou e veu de volta. Agora que sabemos que o noso é o Samaín,propoñemos que botedes unha ollada a esta selección de libros dedicados específicamente ao Samaín ou ben ao medo, xa que é un sentimento moi propio destas arrepiantes datas.
Por certo, se pulsades ao "play" escoitaredes unha fermosa canción titulada "Bailando contigo" incluída no CD "Meniños cantores" que tamén temos na biblioteca. Que mellor que a música para escorrentar os medos que se nos meten no corpo, non?

lunes, 14 de octubre de 2013
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Pois o mellor xeito de conmemorar este día é afondando no coñecemento da xestión e organización da nosa biblioteca para poder facer un mellor uso dela e sacar proveito de todos os recursos que ofrece.
Aquí tedes o MANUAL DE USUARIO/A da biblioteca e o plano con todas as seccións:
E agora escoitade esta canción do grupo Migallas que comeza así: " Cando esteas aburrido e non saibas que facer, colle un libro meu amigo, todo pode suceder"
Aquí tedes un LIM con actividades relacionadas co mundo das bibliotecas e os diferentes materiais que existen nelas. Foi elaborado por alumnos da Universidade Carlos III de Madrid.
domingo, 15 de septiembre de 2013
lunes, 24 de junio de 2013
domingo, 16 de junio de 2013
ENCONTRO CON OLI
O alumnado de 2ºA viviu con moitísima expectación o encontro con Oli o 29 de maio, pois era a primeira vez que lles visitaba un escritor. Falaron sobre "Leocadio o león" pero tamén participaron nun achegamento a outros libros como "Artur" e "Once damas atrevidas".Por certo,Oli encomendoulles a misión de averiguar o significado da palabra de orixe xitana "chaborrá" e ao día seguinte Elías descubriu que significaba "muchacho".Alex púxose moi contento cando lles ensinou un ovo pintado a man que Oli trouxera de Moldavia, porque lembrouse do seu país,Rumanía.
Finalmente, as dedicatorias nos seus libros e unha foto con Oli, para non esquecer este día tan especial!
martes, 11 de junio de 2013
ROLF & FLOR - The Pinker Tones con Albert Pla (abuelita).
Un dos libros que recomendamos para o verán dende 3º até 6º.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)